See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Mojácar - Wikipedia

Mojácar

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Vista de Mojácar Playa dende os muros dunha rúa do núcleo principal do concello
Vista de Mojácar Playa dende os muros dunha rúa do núcleo principal do concello

Mojácar é un concello español, na costa leste da provincia de Almería. Cunha extensión de 72 km² e con 6.092 habitantes, é un concello eminentemente turístico, cun núcleo tradicional no interior e un gran conxunto de instalacións hoteleiras ao longo da praia.

Índice

[editar] Demografía

Mojácar é un concello que está a experimentar un rápido aumento de poboación nos últimos anos. Dos 4.615 habitantes de 1999 pasou aos 6.092 de 2005, o que supón un medre dun 32% en só seis anos. Iso débese fundamentalmente á inmigración, fundamentalmente de cidadáns británicos e, en menor medida, alemáns. De feito, a sinalización municipal preséntase xeralmente en español e inglés.

A densidade de poboación é de 84.6/km².

[editar] Xeografía

Localización de Mojácar na provincia de Almería
Localización de Mojácar na provincia de Almería

O territorio do concello de Mojácar é unha estreita franxa costeira (duns 5 kms de largo máximo) situada no leste da provincia de Almería. Báñao ao leste o mar Mediterráneo, e líndano ao norte os concellos de Garrucha e Vera, ao leste o de Turre e ao sur o de Carboneras. As súas coordenadas son 37º 08' N, 1º 51' W.

A costa é suave e de praia en toda a súa extensión, o que favoreceu a implantación de numerosas instalacións turísticas ao longo do litoral, ata conformar un novo núcleo de poboación con numerosos hoteis, restaurantes, discotecas e un parador de turismo chamado Mojácar Playa. O núcleo principal sitúase no interior, a algo máis dun quilómetro da costa, e nas abas da Sierra Cabrera, un pequeno conxunto montañoso de ata 960 m de altura. Porén, as alturas de Mojácar non son demasiado altas, e a media sitúase nos 152 m sobre o nivel do mar.

Mojácar ten 3.000 horas de sol ao ano, cunha temperatura media de 20ºC.

[editar] Historia

Rúa encalada do núcleo principal de Mojácar
Rúa encalada do núcleo principal de Mojácar

Mojácar debeu estar habitado dende a antigüidade. Sospéitase de poboamentos da Idade do Bronce, así como fenicios e cartaxineses, e téñense probas de asentamentos gregos co nome de Murgis-Acra, que sería latinizado en Moxacar (e de aí o español actual Mojácar).

Mojácar, pertencente á provincia árabe de Almería, quedou no século VIII baixo o dominio do califato de Damasco e logo baixo o de Córdoba, co que Mojácar experimentou un forte desenvolvemento. Coa coroación de Mohamed I de Córdoba no reino de Granada Mojácar foi incorporado ao sultanato de Nasrid, e converteuse nunha das prazas fortes na defensa do reino árabe fronte aos ataques dos cristiáns do norte. Estes combates produciron un masacre na poboación civil en 1435 e a derrota e rendición final o 10 de xuño de 1488. O pacto de convivencia entre mouriscos, xudeus e cristiáns produciu un novo desenvolvemento da poboación, que chegou a ter uns 10.000 habitantes no século XVIII.

A seca e a emigración provocaron un retroceso económico e demográfico no século XIX, do que só se recuperou a poboación coa chegada de turistas e residentes europeos na segunda metade do século XX, pero particularmente a partir dos anos oitenta. En Mojácar está a sede da Fundación Valparaíso, un centro para a creación e a difusión de arte, onde se reúnen distintos artistas europeos.

[editar] Economía

As dúas principais fontes de riqueza de Mojácar son o turismo (hostalaría, restauración, servizos de lecer) e a construción.

[editar] Festas

  • Mouros e cristiáns: ao redor do 10 de xuño.
  • Santo Agostiño: 28 de agosto. É o patrón cristián da vila.
  • Semana Santa.

[editar] Curiosidades

  • O Indalo, unha figura antropomórfica atopada nunhas pinturas prehistóricas en Vélez-Blanco, e que agora se coñece como símbolo de toda a provincia almeriense, foi popularizado polos artistas e turistas británicos de Mojácar como símbolo de paz e contra o mal de ollo.
  • Durante un tempo, pensouse que Walt Disney nacera en Mojácar en 1905. Distintas fontes biográficas parecen confirmar que o lugar de nacemento do debuxante foi Chicago en 1901.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -