Michelangelo Antonioni
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Michelangelo Antonioni (Ferrara, 29 de setembro de 1912 - Roma, 30 de xullo de 2007); cineasta, escritor e pintor italianon.
[editar] Biografía
Graduouse en economía pola Universidade de Bolonia e en 1942 chegou a Roma, onde cursou estudos no Centro Sperimentale dei Cinematografia de Cinecittà. Alí coñeceu a algúns dos artistas cos que cooperou nos anos seguintes; entre eles Roberto Rossellini, "pai" da escola do Neorrealismo italiano.
Politicamente describiuse a si mesmo como anti-fascista, así como "marxista intelectual", pero algúns autores dubidan sobre o seu seguimento a esta ideoloxía. En contraste co seu contemporáneo Federico Fellini, cuxas primeiras obras viran arredor da vida das clases obreiras e os inadaptados sociais, as películas máis representativas de Antonioni na súa primeira etapa baséanse nas elites e burguesías urbanas e en como se relacionan cunha contorna que apenas entenden: "Cronaca di un amore" e "La Signora senza camelie" (con Lucía Bosé son sendas óperas prima onde o director traza unha reflexión nada compracente do mundo burgués con aparencias de simple melodrama.
"Le amiche" (1954), sobre un relato de Cesar Pavese e con destacable actuación da menosprezada Eleonora Rossi Drago, empeza a conformar o estilo característico do seu director, trascendendo unha historia de seu atractiva para experimentar con temáticas, estilos expresivos de narrar e encadrar, estéticas con discursos de dobres lecturas, etc. Só unha vez, este director trazou a súa visión do burgués a través do punto de vista do mundo obreiro: en 1957 "Il Grido" (con Steve Cochran e Allida Valli non só supón o seu primeira obra mestra absoluta, senón tamén o antecedente directo á incomunicación do ser humano que tanto obsesionou ó director na súa famosa triloxía. Este filme reflicta a súa personalidade e estilo
Os 60 foron o momento do recoñecemento nternacional do director e do seu encontro con Monica Vitti, tras o inicial fracaso-desprezo por "L'Avventura". Tanto "La notte" como "L'eclisse" fascinaron a toda Europa e chegaron a cruzar as súas fronteiras.
En 1964 chega o seu primeiro filme en cor e, para moitos, o principio do fin do seu "reinado" con "Il Deserto rosso". Pese ó descomunal éxito de "Blow up", Palma de Ouro en Cannes incluída, o certo é que a súa carreira entrou nunha irregularidade artística e nunha especie de bloqueo creativo do que non lle foi nada facil saír. Da última e menos coñecida etapa do realizador, destaca "Professione: reporter" en 1974 (con Jack Nicholson e Maria Schneider e "Chunk Kuo" (1972), revelador traballo documental sobre a Chinesa do momento, bastante máis que "Il Mistero di Oberwald" ou "Identificazione di una donna".
Desde os 90 volveu traballar en proxectos tan ambiciosos como errados: "Al di là delle nuvole" e "Eros" (2006).
Unha das obras máis soadas deste cineasta é a devandita "Blow-Up", baseada nun relato curto de Jullo Cortázar. Trátase dunha película ambientada no swinging London e baseada na peripecia dun fotógrafo que cre descubrir un asasinato a través das súas fotografías.
Antonioni morreu o 30 de xullo de 2007 ós 94 anos, o mesmo día que outro dos grandes cineastas do século XX, Ingmar Bergman.
[editar] Filmografía
- Eros (2004) (o segmento chamado "Il filo pericoloso delle cose")
- Lo Sguardo di Michelangelo, (2004)
- Al di là delle nuvole (1995) Codirixida con Wim Wenders
- Noto, Mandorli, Vulcano, Stromboli, Carnevale (1993)
- 12 registi per 12 città (1989) (Segmento: "Roma")
- Kumbha Mela (1989)
- Identificazione di una donna (1982)
- Il Mistero di Oberwald, (1981)
- Suffer or Die (1979)
- Professione: reporter (1975)
- Chung Kuo - Cina (1972)
- Zabriskie Point (1970)
- Blow-up (1966)
- I Tre volti, (1965) (segmento "Il provino")
- Il Deserto rosso, (1964)
- L'Eclisse (1962)
- La Notte (1961)
- L'Avventura (1960)
- Nel segno di Roma (1959)
- Il Grido (1957)
- Le Amiche (1955)
- L'Amore in città (1953) (Segmento "Tentato suicido")
- I Vinti (1953)
- La Signora senza camelie (1953)
- Cronaca di un amore (1950)
- La Funivia del faloria (1950)
- La Villa dei mostri (1950)
- L'Amorosa menzogna (1949)
- Bomarzo (1949)
- Ragazze in bianco (1949)
- Sette canne, un vestito (1949)
- Superstizione (1949)
- Nettezza urbana (1948)
- Oltre l'oblio (1948)
- Roma-Montevideo (1948)
- Gente del Po (1943)