Mato Groso - Mato Grosso
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Capital poboación |
Cuiabá 533 800 habitantes (2005) |
||
Superficie | 906.806,9 km² | ||
Poboación Densidade |
2 854 456 h. (2007) 3,15 hab/km² |
||
Fuso horario | GMT-4 (1 hora a menos que Brasilia) | ||
Gobernador | Blairo Maggi | ||
Mapa | |||
---|---|---|---|
Mato Groso é un estado brasileiro localizado ó oeste da rexión Centro-Oeste. Ten como límites: Amazonas e Pará (N); Tocantins e Goiás (E); Mato Groso do Sur (S); o estado de Rondonia e a Bolivia (O). Ocupa unha superficie de 906.806,9km2. A súa capital é Cuiabá. As principais cidades són: Cuiabá, Varzea Grande, Juína, Rondonópolis, Sinop, Barra do Garças e Auta Floresta.
[editar] Historia
Polo Tratado de Tordesillas, o territorio do actual estado de Mato Grosso pertencía á España, pero coa Unión Iberica en 1580 esa exclusividade de dominio español desapareceu. Coa descoberta de ouro en súas terras por bandeirantes (desbravadores) orixinarios de San Paulo o 1718, comezou o poboamento da rexión. En 1719 fundouse a freguesía de Cuiabá, actual capital do estado.
En 1750 co Tratado de Madrid tornouse territorio portugués. Posteriormente o Tratado de Santo Ildefonso confirmou os novos límites dos territorios portugués e español nas Américas, e a rexión de Mato Grosso tornouse definitivamente portuguesa.
Coa independéncia do Brasil o 1822 a rexión tornouse provincia do Imperio. Posteriormente coa república, tornouse estado. En 1977 a través dunha lei, o sur do estado emancipouse como unidade federativa, tornando-se o estado de Mato Groso do Sur.