Martín Veiga
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Martín Veiga Alonso (Noia, 1970) é un poeta, tradutor e crítico literario galego.
Índice |
[editar] Biografía
Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola USC. Doutor en Estudos Hispánicos pola Universidade de Cork. Colabora en prensa, revistas literarias e libros colectivos con ensaios, artigos, poemas, traducións ao galego de autores de lingua inglesa e traducións ao inglés de poemas galegos. Foi lector de galego no "Irish Centre for Galician Studies" do departamento de Estudos Hispánicos da Universidade de Cork, en Cork (Irlanda), e na actualidade é profesor de lingua española e director do centro de "Creative Writing" (escritura creativa) nesa mesma universidade.
Como poeta, participou en numerosos recitais, colaborou nas revistas Ólisbos, Eis, Lúa Nova, Dorna; Southword, SERTA, Madrygal e publicou os libros Tempo van de porcelana (Concello de Noia, 1990), As últimas ruínas (Espiral Maior, 1994), Ollos de ámbar (2005) e Fundaxes (Espiral Maior, 2006).
Recibiu varios premios literarios: Domingo Antonio de Andrade, Rosalía de Castro, Xacobeo de Poesía, Espiral Maior, Ramón Cabanillas, Fiz Vergara Vilariño e Esquio (2005).
A súa obra está incluída en antoloxías como Para saír do século. Nova proposta poética (Xerais, 1997); Poesía Ultimísima (Libertarias/Prodhufi, 1997); Muestra de la joven poesía gallega en La flama en el espejo (Praxis, 1997); A poesía contemporánea a partir de 1975. Antoloxía (A Nosa Terra/AS-PG, 1997); Río de son e vento. Unha antoloxía da poesía galega (Xerais, 1999); Milenio. Ultimísima poesía española (Celeste/Sial, 2000).
Como crítico, preparou a edición anotada de Cantos caucanos, de Antón Avilés de Taramancos, e a edición de Raiceiras e vento. A obra poética de Antón Avilés de Taramancos. É tamén autor dunha biografía de Antón Avilés de Taramancos. A súa tese de doutoramento estivo, aliás, centrada na figura e obra de Avilés de Taramancos.
[editar] Obras
[editar] Poesía
- Tempo van de porcelana, 1990.
- As últimas ruínas, 1994.
- Ollos de ámbar, 2005.
- Fundaxes, 2006.
[editar] Ensaio
- Raiceiras e vento. A obra poética de Antón Avilés de Taramancos, 2003.
- Antón Avilés de Taramancos, 2003.