María Adánez
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
María Adánez é unha actriz nada en Madrid o 12 de marzo de 1976.
Índice |
[editar] Biografía
María Adánez, cuxo nome completo é María Angustias Adánez Almenara) e filla da maquilladora Paca Almenara e fillastra do tamén actor Santiago Ramos (co que ten traballado en varias ocasións), deuse a coñecer mediante a serie de televisión Farmacia de guardia de Antonio Mercero en 1992 e máis tarde cun papel de maior protagonismo en Pepa y Pepe, en cuxa filmación forxou vínculos co equipo, desde o realizador Manuel Iborra ós seus principais compañeiros de reparto: Verónica Forqué, Silvia Abascal e Tito Valverde.
Ese vínculos reforzaríanse posteriormente coa posta en marcha de dous proxectos cinematográficos: El tiempo de la felicidad (1997), onde Verónica Forqué volvía interpretar á nai dos personaxes de María e de Silvia Abascal como fixera en Pepa y Pepe, y La dama boba (2005), baeada na obra de Lope de Vega. Entre as súas incursións no cine destacan tamén outras coma La ley de la frontera (1995), de Adolfo Aristarain; Cha-cha-chá (1998), de Antonio del Real; Entre las piernas (1999), de Manuel Gómez Pereira ou Tiovivo c. 1950 (2004),de José Luis Garci. Tamén traballou ás ordes do galego Antón Reixa na adaptación da novela de Manuel Rivas O lapis do carpinteiro.
Paralelamente sedenvolveu unha sólida carreira teatral. A representación máis coñecida na que interviu fo El príncipe y la corista, xunto a Emilio Gutiérrez Caba (co que xa coincidira en Javier ya no vive sólo), obra pola que recibiu o Premio Ercilla como actriz revelación de teatro e foi nominada pola Unión de actores ó Premio á mellor actriz. Outras obras teatrais nas interviu son La tienda de la esquina de Lander Iglesias, Los bosques de Nyx de Miguel Bosé eCasa de muñecas de Nino Quevedo. A súa última intervención no teatro foi da man de Miguel Narros co clásico de Oscar Wilde, Salomé, proxecto que a levou a deixar Aquí no hay quien viva.
Tamén participou noutras series de televisión con papeis fixos como: Los vecinos de al lado,Menudo es mi padre, Ellas son así, Javier ya no vive sólo e a exitosa Aquí no hay quien viva, onde interpretaba á pija, papel que de novo lle deu grande popularidade e recoñecemento.
[editar] Filmografía
- Cabo de vara (1978)
- Loca por el circo (1982)
- Vivir mañana (1983)
- El currante (1983)
- El crack II (1983)
- Mar brava (1983)
- El rey del mambo (1989)
- El vuelo de la paloma (1989)
- Los peores años de nuestra vida (1994)
- La ley de la frontera (1995)
- Corazón loco (1997)
- El tiempo de la felicidad (1997)
- Perdón, perdón (1998)
- Cha-cha-chá (1998)
- El grito en el cielo (1998)
- Entre las piernas (1999)
- Rewind (1999)
- Tiempos de azúcar (2001)
- Todo menos la chica (2002)
- X (2002)
- O lapis do carpinteiro (2003)
- Descongélate (2003)
- Tiovivo c. 1950 (2004)
- La dama boba (2005)
- Enloquecidas (2006)... pendiente de hablar
[editar] Series de televisión
[editar] Papeis fixos
- Farmacia de guardia (1991) (Antena 3)
- Pepa y Pepe (1994) ([TVE]) ([Telecinco])
- Menudo es mi padre (1996) (Antena 3)
- Los negocios de mamá (1997) (Antena 3)
- Ellas son así (1999) ([Telecinco])
- Javier ya no vive solo (2002)
- Aquí no hay quien viva (2003) (Antena 3)
[editar] Papeis episódicos
[editar] Obras de teatro
[editar] Premios
[editar] Unión de Actores
- Premio á mellor actriz protagonista de televisión por Aquí no hay quien viva (2005).
- Nominada a mellor actriz protagosnita de teatro por El príncipe y la corista (2003).
[editar] Ligazóns externas
- [IMDB]