Manuel Azaña
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Manuel Azaña | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | Manuel Azaña Díaz | ||
Data de nacemento: | 1880 | ||
Lugar de nacemento: | Alcalá de Henares, España | ||
Data de falecemento: | 1940 | ||
Lugar de falecemento: | Montauban, Francia | ||
Partido político: | Partido Reformista, Acción Republicana, Izquierda Republicana | ||
Cargo(s): | Ministro de Guerra do Goberno Provisional da IIª República Presidente do Goberno Provisional Presidente do Consello de ministros Presidente da IIª República |
||
Profesión: | Político e escritor |
Manuel Azaña Díaz (nado en Alcalá de Henares (Madrid) 10 de xaneiro de 1880 - † Montauban (Francia), 3 de novembro de 1940). Político e escritor español, segundo presidente da Segunda República Española (1936 - 1939). Foi un dos políticos e oradores máis importantes da política española do século XX, ademais de ser un consolidado escritor (acadou o Premio Nacional de Literatura en 1920 por Vida de Juán Valera. As súas memorias son un documento moi importante para coñecer a sociedade da época.
Índice |
[editar] Infancia e estudos
Naceu nunha familia de clase media-alta, seu pai Esteban Azaña Catarineu, home de negocios e propietario, foi alcalde da súa cidade natal e seu avó paterno fora un líder liberal progresista local. Orfo dende moi neno, en 1889 morreu súa nai (Josefina Díaz Gallo-Muguruza) e en 1890 seu pai, estudou desde os trece anos no Mosteiro de El Escorial cos freires agostiños. Estudou dereito na Universidade de Zaragoza, e doctorouse na Universidade Central de Madrid coa tese titulada La responsabilidad de las multitudes, máis tarde oposita con éxito, foi o número dous da súa promoción, a letrado da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado. Pasou o curso 1911-1912 estudando na Sorbona de París grazas a unha bolsa de estudos da Xunta de Ampliación de Estudos.
[editar] Vida Política
En 1914 afíliase ao Partido Reformista, liderado por Melquíades Álvarez, sendo elixido nese ano secretario do Ateneo de Madrid. Presentouse a Deputado as Cortes polo partido xudicial toledano de Puente del Arzobispo, presentouse dúas veces e en ningunha das dúas logrou o escano. Durante a Primeira Guerra Mundial visitou as frontes italiana e austriaca e fixo campaña a favor dos aliados. Nesa época colabora con El Sol e El Imparcial e fundou xunto a José Ortega y Gasseta a Liga de Educación Política.
En 1920 funda a revista La pluma, e en 1920 pasa a dirixir o semanario España.
Moi crítico coa diadura de Primo de Rivera, publica en 1924 un forte manifesto contra o ditador e o rei Alfonso XIII, fundando ao ano seguinte o partido Acción Republicana. En 1926 obtivo o Premio Nacional de Literatura por Vida de don Juan Valera.
En 1930 participa no Pacto de San Sebastián, de onde aparecería a futura república, que surxiría tras as eleccións municipais do 12 de abril de 1931, polo que condena ao exilio ao rei Afonso XIII.
[editar] Etapa no goberno
Nomeado Ministro da Guerra no goberno provisional da xa formada Segunda República, o 14 de abril substitúe a Niceto Alcalá-Zamora como presidente do goberno provisional (outubro do mesmo 1931), debido á dimisión de Alcalá-Zamora por cuestións de tema relixoso.
Como presidente do goberno de coalición republicano-socialista leva a caboas principais reformas programadas no proxecto republicano: Reforma do exército, Reforma Agraria, Reforma da Ensinanza, etc. Tivo tamén oportunidade de publicar o seu drama La Corona. Todas estas cuestións políticas, conxuntamente coa tensión social que existia en grande parte do país, tráenlle consigo moitos problemas, sobre todo co exército e coa Igrexa. Finalmente os Sucesos de Casas Viejas, Castilblanco e Ernedo motivaron o seu cese por parte do presidente da República Niceto Alcalá-Zamora.
[editar] Goberno da CEDA
O 19 de novembro de 1933, triunfa nas eleccións a coalición formada polo Partido Republicano Radical de Alejandro Lerroux e a Confederación Española de Derechas Autónomas (CEDA) de José María Gil-Robles, o que trae por consecuencia a retirada da política de Azaña durante a duración deste goberno de coalición. Nesta época volve a súa faceta de escritor e editor. Neste ano escribe os libros: Una política e En el poder y en la oposición.
Tras este distanciamento coa política, funda en 1934 o partido Izquierda Republicana, surxido da unión de Acción Republicana co Radical-Socialista, liderado por Marcelino Domingo e a Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) liderada por Santiago Casares Quiroga.
En 1934 teñen ugar en Asturias e Barcelona distintos sucesos revolucionarios. Azaña, acusado de ser o ideador destes sucesos é encarcerado no destrutor Sánchez Barcáiztegui, situado no porto de Barcelona, máis tarde sairía absolto de dito proceso.
[editar] Etapa de presidente
O 16 de febreiro de 1936, gaña as eleccións a coalición de partidos de esquerda que se denominou Frente Popular, sendo encargado Azaña de formar novo goberno. Tras a destitución de Alcalá-Zamora, é nomeado Presidente da República de 10 de maio de 1936.
O comezo da Guerra Civil, e tras inútiles intentos por convencer as forzas republicanas dos perigos da desunión, suponlle un duro golpe moral. O 18 de xullo de 1938, pronunciou un sonado discurso ante as Cortes reunidas en Valencia, baixo o lema "Paz, Piedad, Perdón".
Tomada Barcelona polas tropas de Franco o 26 de xaneiro de 1939 e Girona o 5 de febreiro dese mesmo ano, retirase a Francia, e alí, o 27 de febreiro presenta a súa dimisión como Presidente da República, sendo substituído por Diego Martínez Barrio.
[editar] Exilio
Refuxiado en Rosellón, con media Francia ocupada polo exército alemán, é vixiado polos axentes do réxime de Franco, que o pretenden prender e voltalo a España. Finalmente deciden detelo. Nembargantes, o embaixador de México, Luís Rodríguez, perante o réxime de Vichy, consigue liberalo e trasladalo ao Hôtel du Midi, en Montauban, onde varios refuxiados españois se refuxian, alí, nese mesmo hotel, envexecido e esgotado, morre o na habitación 11 o 4 de novembro de 1940.
O mariscal Pétain prohibiu que fora soterrado con honores de Xefe de Estado, soamente accedeu a que o seu féretro fora cuberto coa bandeira española, coa condición de que fora a bicolor do lado nacionalista, pero de ningún modo a da República. O embaixador de México decidiu que fora soterrado coa bandeira mexicana. Segundo conta nas súas memorias, o embaixador díxolle ao mariscal francés:
"Lo cubrirá con orgullo la bandera de México- Para nosotros será un privilegio; para los republicanos, una esperanza, y para ustedes, una dolorosa lección".
[editar] Obra
- Manuel Azaña (1997), Diarios, 1932 - 1933. Los Cuadernos robados, CRÍTICA, Grijalbo Mondadori, Barcelona. ISBN 84-7423-868-4.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Asociaciónn Manuel Azaña en Francia (en francés)
Presidentes do Goberno da Segunda República Española | |
---|---|
Manuel Azaña | Alejandro Lerroux | Diego Martínez Barrio | Ricardo Samper | Joaquín Chapaprieta | Manuel Portela Valladares | Santiago Casares Quiroga | José Giral | Francisco Largo Caballero | Juan Negrín López |