José Giral
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
José Giral | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | José Giral Pereira | ||
Data de nacemento: | 1879 | ||
Lugar de nacemento: | Santiago de Cuba, Cuba (por aquel entón colonia española) | ||
Data de falecemento: | 1962 | ||
Lugar de falecemento: | Cidade de México, México | ||
Partido político: | Acción Republicana, Izquierda Republicana | ||
Cargo(s): | Ministro de Marina Presidente do Goberno (1945 - 1947) |
||
Profesión: | Político e químico |
José Giral Pereira, político español, (Santiago de Cuba, 1879 - México, 1962).
Fundador, xunto a Manuel Azaña, de Acción Republicana e membro de Izquierda Republicana, dende a fusión entre Acción Republicana, o Partido Radical Socialista e a ORGA.
Entre 1931 e 1933 foi ministro de Marina. Tralo intento de Diego Martínez Barrio de formar goberno para deter a sublevación militar do 17 de xullo de 1936, Manuel Azaña encargoulle formar novo goberno constituído exclusivamente por republicanos. Este goberno duraría dende o 19 de xullo até o 4 de setembro de 1936, cando a caída de Talavera de la Reina e con Madrid ó alcance do Exército de Marrocos, obrigou a entregar o poder a Francisco Largo Caballero. Durante o goberno de Giral disolveu o exército por decreto e deu ordes de entregar as armas ás organizacións obreiras.
O 4 de febreiro de 1939 foi afastado da súa cátedra de química na Universidade Central por "pública y notoria desafección al nuevo régimen". Exiliouse a México.
Foi nomeado Presidente do Goberno español no exilio, cargo que desenvolveu entre 1945 e 1947.
Predecesor: Santiago Casares Quiroga |
Presidente do Goberno español 1936-1936 |
Sucesor: Francisco Largo Caballero |
Presidentes do Goberno da Segunda República Española | |
---|---|
Manuel Azaña | Alejandro Lerroux | Diego Martínez Barrio | Ricardo Samper | Joaquín Chapaprieta | Manuel Portela Valladares | Santiago Casares Quiroga | José Giral | Francisco Largo Caballero | Juan Negrín López |