See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Maniqueísmo - Wikipedia

Maniqueísmo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Maniqueos
Maniqueos

O maniqueísmo foi unha seita filosófica e relixiosa fundada polo sabio persa Mani (ou Manes) (c. 215-275), considerado polos seus seguidores como divinamente inspirado.

Índice

[editar] Historia

A comezos do século III extendeuse a través de oriente e en moitas partes do Imperio Romano.

Os maniqueos -a semellanza dos gnósticos e os mandeos— eran dualistas, crían que había unha eterna loita entre dous principios opostos e irredutíbeis, o ben e o mal, que eran asociados á luz (Ormuz) e ás tebras (Ahrimán). Segundo eles, Deus é o creador de todo o bo e Ahrimán o creador de todo o malo. Posteriormente algúns maniqueos dualizaban a naturaleza do deus e outorgáronlle a calidade de conter todo o bo e todo o malo.

[editar] Doutrina

O maniqueismo é un sincretismo que combina elementos do Zoroastrismo, Cristianismo e Gnosticismo.

Os maniqueos cren que o espírito do home é de Deus pero o corpo do hombre é do demo. No home, o espírito ou luz está cautivo por causa da materia corporal; polo tanto, cren que é necesario practicar un estrito ascetismo para iniciar o proceso de liberación da luz atrapada. Desprezan por iso a materia, incluso o corpo. Os «ouvintes» aspiraban a reencarnarse como «elixidos», os cales xa non necesitarían reencarnarse máis.

Buda e outras moitas figuras relixiosas foron enviadas á humanidade para axudala na súa liberación espiritual.

Na práctica, o maniqueísmo nega a responsabilidade humana polos males cometidos porque cre que non son produto da libre vontade senón do dominio do mal sobre a nosa vida.

[editar] A igrexa maniquea

A igrexa cristiá de Mani estaba estruturada a partir dos diversos graos de desenvolvemento interior. El mesmo a encabezaba como apostol de Xesucristo. Xunto a el estaban doce instructores ou fillos da misericórdia. Seis fillos iluminados polo sol do coñecemento asistian a cada un deles. Eses "epíscopos" (bispos) eran auxiliados por seis presbíteros ou fillos da intelixencia. O cuarto círculo comprendía inumerábeis electos chamados fillos e fillas da verdade ou dos mistérios. A súa tarefa era rezar, cantar, escribir e traducir. O quinto círculo estaba formado polos auditores ou fillos e fillas da comprensión. Para ese último grupo, as esixencias eran menores.

[editar] Os mandamentos

Debían seguir sobre todo os dez mandamentos seguintes como fio condutor da sua vida cotiá:

  1. Non adorar ningún ídolo;
  2. Purificar o que sae da boca: non praguejar, non mentir, non levantar falso testemuño ou calunmiar;
  3. Purificar o que entra pola boca: non comer carne, nin inxerir alcohol;
  4. Venerar as mensaxes divinas;
  5. Ser fiel ao seu conxuxe e manter a continencia sexual durante os xexúns;
  6. Auxiliar e consolar a aqueles que sofren;
  7. Evitar os falsos profetas;
  8. Non asustar, ferir, atormentar ou matar animais;
  9. Non roubar nin cometer fraude;
  10. Non practicar ninguha maxia ou feiticería;

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • Puech, Henri-Charles (2006), Sobre el maniqueismo y otros ensayos, Madrid: Siruela. ISBN 9788478449774.

[editar] Outros artigos

  • Dualismo
  • Gnosticismo
  • Zoroastrismo
  • Catarismo
  • Bogomilismo

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -