See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Magdaleniense - Wikipedia

Magdaleniense

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O Magdaleniense é a última fase do Paleolítico Superior europeo, comprendido entre arredor de -15.000 e -9.000 anos antes da nosa era[1]. O nome foi proposto par Gabriel de Mortillet a partir do xacigo prehistórico epónimo de La Madeleine, en Dordoña, Francia.

Índice

[editar] Condicións climáticas e ambientais

Paisaxe actual de taiga, con alerces, en Kolima, Siberia
Paisaxe actual de taiga, con alerces, en Kolima, Siberia

O Magdaleniense corresponde a unha etapa fría da glaciación de Würm, concretamente Würm IV, que a súa vez subdivídese en fases distintas: Dryas I (fría), oscilación de Bölling (temperada), Dryas II (fría), oscilación de Alleröd (temerada e húmida) e por último Dryas IV, sinala a etapa de cambio cara o período actual, con o desenvolvemento paulatino dos bosques e as praderías, ao tempo que algúns animais como o reno emigra cara terras boreais. Nestas distintas fases os especialistas diferencian aínda períodos intermedios[2].

En conxunto predominou o clima moi frío, de caracteres árticos ou polares, con paisaxes de tipo tundra, cunha capa subterránea xeada, o permafrost, e de taiga, con predominio de bosques de coníferas e caducifolaos. Formas correntes de vexetación de tundra dominaban a flora: liques, xuncias, ericáceas e salgueiros ananos.

O animal típico da fauna magdaleniense é o reno (Rangifer tarandus), qu constituíu o herbívoro máis aprezado polos seres humanos do período: entre un 85 e un 90 % das pezas capturadas no conxunto da Europa occidental[3]. Outros herbívoros típicos eran os mamuts (Mammuthus primigenius), bisontes (Bos priscus), uros (Bos primigenius), cabalos, cervos (Cervus elaphus), alces, etc; animais de montaña como a cabra montesa (Capra pyrenaica), o corzo (Capreolus capreolus) e a gamuza; un roedor de augas frías, como a auganeira (Arvicola amphibius); o litoral subministra diversos gasterópodos presentes no xacementos: son correntes diversos tipos de lapas (Patella vulgata, Patella lusitanica, Patella vulgata sautuolai), mais tamén especies árticas, hoxe desaparecidas no sur de Europa: Pecten islandicus, Cyprina islandica. Dos cursos fluviais obtéñense principalmente salmóns e troitas. Lobos, leopardo, leóns das cavernas, osos das cavernas (Ursus spelaeus) e osos pardos (Ursus arctus) e raposo (Vulpes vulpes) son os grandes carnívoros e carroñeiros, que conviven con outros menores. As focas mesmo aparecen representadas na arte de covas mediterráneas.

[editar] Equipamento

[editar] Instrumental

De esquerda a dereita:arpón con dentes de microlitos, arpón de dupla punta e dentes en dúas fileiras e punta de azagaia para mangar nun cabo
De esquerda a dereita:arpón con dentes de microlitos, arpón de dupla punta e dentes en dúas fileiras e punta de azagaia para mangar nun cabo

Os humanos do Magdaleniense posúen un equipamento lítico análogo ao das culturas anteriores do Paleolítico Superior. Sen dúbida o aspecto máis destacado é a diminución do tamaño do instrumental de sílex, segundo avanzou o período, até constituír auténticos microlítos, sen que signifique que se abandona a peza mediana. Mais o que, sobretodo, caracteriza o período é o desenrolo dunha vasta utillaxe de material óseo (haste, óso, marfín, etc.): Os dous instrumentos, talvez fósiles directores, son azagaias e arpóns, pero están acompañados de moitos outros: propulsores (invento da etapa Solutrense, pero que agora multiplica o seu número nos xacementos; tridentes; agullas; espátulas; bastóns perfurados ("Bastóns de mando"), que puideron ser utilizados como enderezadores de azagaias; subelas; etc., e mesmo instrumentos de ocio, como chifros e frautas. Azagaias e arpóns acadan grande complexidades. Das primeiras hainas de bisel único, dobre, de sección triangular, cuadrangular, oval, circular,...[4]; os arpóns desde un suposto prototipo de madeira con dentes de puntas de sílex[5], desenvólvese en diversas fases un arpón, primeiro con dentes incipientes, logo cunha soa fileira de dentes, e por último con dobre fileira dentada; foi seguramente o intrumento favorito para matar peixe. É probábel que constasen con a primeira máquina:o arco, aínda que as probas existentes para este período son indirectas.

[editar] Medios

Reconstrución de tenda magdaleniense en Pincevet, ca. -12.000
Reconstrución de tenda magdaleniense en Pincevet, ca. -12.000

Xunto con o desenvolvemento da tecnoloxía de instrumentos, debeu multiplicarse a tecnoloxía de "medios"[6]. Sábese que os magdalenienses dispuñan de vestimentas, semellantes ás dos esquimós. En canto ás vivendas, o habitual son as covas e abrigos, especialmente nas entradas, onde se construían habitacións semellantes a alpendres, sostidos con postes, e cubertos, ou ben preparaban directamente o chan da caverna. Dispuñan de tendas portátiles: Leroi-Gourhan excavou varias chozas temporais do Magadaleniense recente, desde 1964, en Pincevent, non lonxe de París, reconstruíndo tendas cónicas erguidas sobre pértegas, cubertas con peles; contiñan unha lareira central e restos reconstruídos como camas de peles[7]. Edificacións máis complexas, téñense decuberto nas chairas de Europa Oriental e Siberia. Aquí, no xacemento de Malta, a uns 100 km do lago Baikal, nun horizonte correspondente ao Magadaleniense europeo-occidental, aparecen tres tipos de habitacións: tendas duns 4 m de diámetro, con lar central, semellantes á de Pincevent; cabanas rectágulo|rectabgulares, de 4x3 m como media, semienterradas no chan, con fogar elevado, afirmadas con laxes de pedra, e cubertas seguramente con peles fixados con hastes de reno; "casas grandes", unha de 14 m de longo x 6 m de ancho, construídas de xeito semellante ás anteriores, con varias lareiras[8]. Unha construcción maior aparece no estrato superior de Kostenski, na beiras do río Don, na chaira central rusa, con datación de -12.000; trátase dunha cabana de 36 x 18 m, con varias lareiras en liña, e provista de foxos de almacenamento; o principal material de construcción eran grandes ósos de mamut[9].

Gravado rupestre con cervo ferido por azagaias, Cova da Peña, Candamo, Asturias
Gravado rupestre con cervo ferido por azagaias, Cova da Peña, Candamo, Asturias

[editar] Cazadores-recolectores

Caza, pesca e recolección constituíron as actividades económicas principais dos magadalenienses. Ocuparon practicamente toda Europa occidental. Os asentamentos principais foron colocados en puntos estratéxicos de ríos, por onde nas súas proximidades deberían pasar os grandes herbívoros que se movían en busca de pastos nos cambios de estacións (ou alternativamente entre a montaña e o val), especialmente renos, pero tamén outros, como o mamut, caso de Kostenski, e tamén para aproveitar o paso fluvial das especies migradoras como salmóns ou anguías.

Os métodos de caza irían desde o acoso até un foxo ou un barranco ou cantil, até o uso de trampas diversas, e para os animais máis pequenos trampas axeitadas e lazos. Pero dato seguro é que o animal grande era alanceado con azagaias, disparada directamente pola man do cazador ou por medio de propulsores. En canto a pesca son seguros os métodos de pesca a man, alanceamento con arpóns e a pesca con anzó (consérvanse anzós variados de materiais óseos). É posíbel que existisen redes, pero non temos probas directas, o mesmo que da existencia de caneiros ou pesqueiras[10]. No xacementos de litoral fican probas abundantes do consumo de moluscos de diverso tipo. Sabemos tamén da caza e do consumo de aves

A recolección de vexetais debeu ter menos importancia neste período do que se afirma para primitivos actuais, dada a abundancia de caza. Bordes indica que con seguridade se consumiron landras, morangos, ameixas, frambuesas, arandos, amoras, castañas de auga, cenorias silvestres, acedas, etc .[11]

[editar] Organización social

Dado o bon nivel de alimentación, é indudábel un aumento da vida media e do tamaño dos grupos sociais. A partir de paralelos etnográficos os tamaños das "bandas", o agrupación inmediatamente superior á familia tense estimado en 20 a 30 membros, mais para calquera das tendas de Pincevent, calcúlase que acollerían entre 10 e 15 individuos. Para a vivenda de Kostenski, citada arriba, revélase a existencia dunha decena de lareiras, e posteriormente A.N. Rogatchev excavou outra semellante a escasos metros da primeira[12].

Isto fai supor agrupacións sociais relativamente grandes, de feito seguramente en casos aldeas fixadas por períodos quizais de varias xeracións. Alonso del Real, logo dun extenso excurso sobre as dificultades para fixar datos demográficos concretos, con suma cautela, insinúa os seguintes valores para todo o Paleolítico Superior: a)pequenas familias de 5 ou 6 membros; b) "vecindades" dun centenar; unidades de traballo e culto de varios centenares; unidades populacionais, laxas, pero intercomunicadas, de varios miles de membros; a difusión "universal" de estilos de arte oferecería unha proba[13].

Tense defendido tamén a existencia de caudillaxes e hierarquías dentro da sociedade magdaleniense. Desde logo existe un amplo consenso que nega que houbese clases sociais en todo o Paleolítico Superior, por contra serían sociedades igualitarias. Néganse tamén as xefaturas permanentes. Mais hai indicios de estructuras de mando: sepulcros máis ricos ou instrumentos, tipo azagaias, propulsores, arpóns e outros, mellor elaborados e con grande riqueza decorativa. Propúgnase a case segura existencia de ordens de cazadores con mandos, mais sen poder indicar como e de que maneira funcionaban.[14]

Non pode negarse a especialización de funcións de certos individuos. Polo menos para as artes visuais hai un xeral acordo de que algunhas obras foron realizadas por verdadeiros especialistas, o que non implica que fose un artista puro. O mesmo se pode inferir a respeito doutros saberes[15].

[editar] Arte

Ao período magdaleniense pertencen algunhas das mellores obras de arte xa non só da Prehistoria, senón da historia da Humanidade en conxunto. Nesta época realizáronse os complexos rupestres de Lascaux, Niaux, Font de Gaume, Tito Bustillo ou Altamira. Para Leroi-Gourhan supón a apoteose da arte prehistórica.

Pero as representacións artísticas non só se efectuaron nas paredes de covas senón tamén en pezas móbiles: placas, "bastóns de mando", azagaias, arpóns, estatuíñas, etc.

Está fora de dúbida que as obras e as técnicas artísticas circularon ás veces entre lugares moi distantes. A caverna de Kapova, ao sur dos montes Urais, presenta temas e solucións similares ás das grutas occidentais sitas a uns 3.000 km de distancia. Máis sorprendentes resultan as estatuíñas de Venus de Krasni-Iar, perto do lago Baikal, que mostran en bulto solucións esquematizadas semellantes ás representadas en gravados da cova de La Roche, na Dordoña, Francia.


[editar] References

  1. Datas en Leroi-Gourhan, Los cazadores de la Prehistoria, páx. 111
  2. cfr., Jordá Cerdá, Guía de las cuevas prehistóricas asturianas, páxs. 67-70
  3. cfr., Campbell, Bernard, Ecología humana, páx. 140
  4. Como os hachados na cova de Sofoxó, Asturias, cfr. Jordá Cerdá, op. cit., páx. 102
  5. Jordá Cerdá, op. cit., páx. 127
  6. Philip Wagner introduciu a diferencia entre tecnoloxía de instrumentos e tecnoloxía de medios; aqueles melloran os esforzo humano, estes restrinxe ou impiden os intercambios de enerxía ou movemento sen intervención humana: roupa, vivendas, vaixela, caneiros para pesacr, trampas para cazar, etc, cfr. Campbell, Bernard, Ecología Humana, páx. 197
  7. Leroi-Gourhan, op. cit., páx. 141
  8. Consonte M.M. Guerassimov, cit. in Delporte, Henri, La imagen de la mujer en el arte prehistórico, páxs. 195-186
  9. Delporte, op. cit., páx. 165
  10. Para caza e pesca cfr., François Bordes, La vida cotidiana en la antigua edad de piedra, páx. 100-102
  11. Bordes, ibidem, páx. 102
  12. Para Kostenski, en Delporte, op. cit., páx. 165; para Pincevent o dato é citado por Cano Herrera, Mercedes, El paleolítico Superior, in VV.AA., El paleolítico, páx. 198
  13. Alonso del Real, Carlos, Nueva sociologís de la prehistoria, páxs. 134 e 171
  14. Cfr. Campbell, op. cit., páxs. 146-151; Alonso del Real, op. cit., 296-304
  15. Cfr. Alonso del Real, op. cit., 272

[editar] Ligazóns externas

  • fotos e descrición do xacemento de La Madeleine [1]


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -