Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
Artigo nos seus primeiros pasos: Esta páxina é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nela e contribúe a que a Galipedia mellore e medre.
|
A amora é o froito da moreira e da silveira común, arbusto espiñento e moi invasivo do xénero Rubus, da familia das Rosáceas, e próximo á framboesa. Estas dúas especies, ademais, producen un híbrido orixinal cando se cruzan entre elas, a subespecie denominada Rubus × loganobaccus ou "amora de Logan" (en inglés, loganberry[1]).
[editar] Usos culinarios
- A amora da silveira é a que se utiliza xeralmente para a fabricación de siropes, confituras, sorbetes e para a aromatización de iogures.
- A mestura coñecida como "froitos dos bosques" está xeralmente constituída por arandos, framboesas, amorodos silvestres ou "dos bosques" e amoras da silveira.