Macau - 澳门
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||||
Lema nacional: Non tén | |||||
Linguas oficiais | Portugués e Chinés | ||||
Xefe do executivo | Edmund Ho Hau-wah | ||||
Área - Total - % auga |
27,3 km² 0% |
||||
Poboación - Total (2004) - Densidade |
451.000 16,521/km² |
||||
Establecimento - Data |
Transición de Portugal para a China 20 de decembro de 1999 |
||||
PIB - Total (2002) - Per capita |
|
||||
Moeda | Pataca (MOP) | ||||
Fuso horario | UTC +8 (AWST) | ||||
Código Internet | .MO | ||||
Código telefónico | 853 |
Macau (chinés tradicional: 澳門, chinés simplificado: 澳门, pinyin: Àomén, portugués: Macau), é unha zona administrativa especial da República Popular da China. Foi administrada por Portugal ata o 20 de decembro de1999. Está constituída por unha península e dúas illas (Taipa e Coloane), cunha superficie total de 17 km². Tén preto de 450.000 habitantes.
Índice |
[editar] Historia
En 1550, baixo o pretexto de secar a súa carga, os portugueses construíron uns predios en Macao. A colonia permanente foi fundada en 1557, e tiña un valor inmenso, especialmente cando as autoridades da China prohibiron o comercio directo co Xapón perante mais de cen anos, ao mesmo tempo os portugueses gañaron o monopolio nese comerzo. Naturalmente, Macao era un porto importante no comerzo entre Europa, a China e o Xapón, tamén. Portugal pagaba aluguer de Macao á China entre 1573 e 1845. A importancia do porto de Macao reduciuse na primeira guerra do opio en 1841 cando Hong Kong se tornou no porto occidental mais importante na China. A illa de Taipa foi ocupada polos portugueses no 1851, mais o goberno da China só recoñeceu a ocupación de Macao no 1887. A pataca, a moeda local de Macao, foi lanzada polo Banco Nacional Ultramarino no 1905. A sua cuotación equivale á cuotación do dólar de Hong Kong. A poboación de Macao aumentou moito durante a Segunda Guerra Mundial porque moitas persoas fuxiron da ocupación xaponesa de Guangzhou (Cantón) e de Hong Kong a Macao, visto que o Xapón respeitaba a neutralidade de Portugal na guerra.
Depois da Revolución dos Cravos en 1974, Portugal alterou o estatuto de Macao para “un territorio chinés baixo administración portuguesa”. Propuxeron neste tempo a devolución de Macao a China, mas os chineses querían resolver a situación de Hong Kong antes de Macao. O contrato da devolución de Macao á China foi afirmado no ano 1987, e en 20 de Decembro de 1999 a rexión administrativa especial de Macao foi fundada, co sistema chinés de “un país, dous sistemas”. Este sistema garante que Macao pode continuar co seu sistema de goberno con moita autonomií, só as relacións exteriores e a defensa son controladas polos chineses.
[editar] Xeografía
Macao está situado no sudeste da China, na provincia Guangdong, na desembocadura do Río das Pérolas. Fica só a 65 kilómetros de Hong Kong doutro lado da desembocadura, habendo barcos de enlace frecuentes entre as cidades. De aerobarco a viaxe só leva unha hora. As outras cidades importantes da área son Guangzhou, a capital de Guangdong con 7 millóns de persoas e Shenzhen, unha cidade nova e enérxica. Shenzhen é unha rexión económica especial e unha das cidades máis ricas da China, agora cuns 4 millóns de habitantes.
O clima de Macao é subtropical. A temperatura media anual é de 22 °C, no verán mais de 30 °C e en Inverno 15 °C. A choiva é mais frecuente entre xullo e setembro. Os monzóns causan mudanzas no clima.
Macao consta dunha península e das illas de Taipa e Coloane. A área total é de 23,5 quilómetros cuadrados, a península é de 9 km². A península é o centro político, económico, cultural e de transporte de Macao. O 94% da poboación e case toda a industria fican na península. A península tén topografia variable con moitas colinas.
[editar] División administrativa
Durante o período colonial, Macau dividíase en dous concellos, o de Macau e o das Illas, e en sete freguesías. Cada concello estaba administrado por unha cámara municipal e tiña asemade unha asemblea municipal.
Despois da asunción da soberanía pola China os concellos quedaron abolidos, creouse o Instituto para os Asuntos Cívicos e Municipais, subordinado á Secretaría de Administración e Xustiza. Permaneceron as freguesías, pero ao non ter calquera poder administrativo, son simples divisións rexionais.
- Freguesía da Sé;
- Freguesía de Nossa Senhora de Fátima;
- Freguesía de Nossa Senhora do Carmo (Taipa);
- Freguesía de Santo António;
- Freguesía de São Lázaro;
- Freguesía de São Lourenço;
- Freguesía de São Francisco Xavier (Coloane).
[editar] Demografía
Os portugueses sempre foron unha minoría en Macau. No ano 1563 Macao tiña cinco mil habitantes, dos que 4100 eran chineses e 900 portugueses. Agora, os números son moito mais altos, e a porcentaxe dos portugueses é ainda mais baixa. Dos 450 mil habitantes de Macao, uns 96% son chineses, a maioría dos outros son de orixe portuguesa.
[editar] Cultura
As linguas oficiais son o portugués e mailo cantonés, ainda que só unha porcentaxe moi reducida fala portugués. Os de orixe portuguesa (na maioría dos casos teñen antepasados chineses tamén) que viven en Macao chámanse Macaenses ou "fillos da terra". En Macau desenvolveuse unha lingua crioula, o patuá ou macaense, baseada no portugués, con influenzas de cantonés, malaio e moitas outras linguas, mais que actualmente só fala un pequeno feixe de xente maior.
Macao ten varias relixións. A metade da poboación é budista, 15% católica. Os portugueses expediron moitos misioneiros a Macao, entre outras, a persoa occidental mais famosa na China, Matteo Ricci. Mais tamén a arte, a literatura clásica, a medicina e filosofía chinesa viñan á Europa via Macao.
A comida de Macao tamén é unha mestura de culturas. Unha das delicias da gastronomía do Sur da China é o din sum (点心 (diǎnxīn en Mandarim)) que é unha mistura riquísima de pequenos pratos diferentes. A culinaria dos macaenses naceu cando as esposas orientais dos portugueses tentaban facer comidas portuguesas cos ingredientes locais. Evidentemente, as suas proprias tradicións culinarias influiron nestas comidas. Lacasá, de tallaríns e porco afumado, arroz gordo, pato cabidela, sopa de aleta de tiburón, carne de porco doce e pito frito son comidas populares.
[editar] Economía
A moeda usada en Macau é a Pataca. A economía está en gran parte baseada no turismo (en 2000, máis de 8 millóns de turistas chegaron a Macao) e na produción de textis e de fogos de artificio. Depois de Hong Kong ter substituído Macao como porto de comercio ocidental na China, a economía de Macao ten dependido de catro piares: turismo e dos xogos de azar nos casinos, procesamento de textís, transaccións bancarias e construción.
[editar] Ligazóns externas
- Páxina oficial da RAE Macao
- Autoridade de turismo do goberno de Macao
- O idioma portugués en Macao na entrada do novo milenio: Impresións dun brasileiro
- Macau.se