See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Luftwaffe - Wikipedia

Luftwaffe

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Luftwaffe é unha voz alemá que significa arma aerea. Así se lle chama ao Exército Alemán do Aire, reconstituido baixo a direción de Hermann Göring a partires de 1935.

[editar] Historia

[editar] Orixes

O predecesor da Luftwaffe, o Servizo Aéreo Imperial Alemán (Luftstreitkräfte), fundouse en 1910 coa aparición dos avións militares, aínda que a intención inicial era usala en tarefas unicamente de recoñecemento como apoio aos exércitos en terra, como xa se fixera cos globos na Guerra Franco-Prusiana de 1870-1871 ou mesmo nas Guerras Napoleónicas.

Durante a Primeira Guerra Mundial, a Luftstreitkräfte utilizou unha ampla variedade de avións, como cazas (como os fabricados por Albatros-Flugzeugwerke e Fokker), aeronaves de recoñecemento (Aviatik e DFW) e bombardeiros pesados (Gothaer Waggonfabrik e Zeppelin-Staaken).

Cruz dos Balcáns
Cruz dos Balcáns

Os cazas son os que captaron unha maior atención, sobre todo grazas á aparición dos "ases", como o famoso Manfred von Richthofen, coñecido popularmente como "O Barón Roxo" ("der rote Baron"), Ernst Udet, Hermann Göring, Oswald Boelcke )considerado o primeiro gran táctico da caza aérea), Max Immelmann (o primeiro aviador en gañar a Pour le Mérite, a condecoración ao valor máis importante do Imperio Alemán) e Werner Voss.

Todos os avións militares alemán e autro-húngaros en servizo usaron a insignia da Cruz de Ferro ata principios de 1918. Despois diso, introdúxose a Balkenkreuz (Cruz dos Balcáns).

Despois da derrota de Alemaña na guerra, o servizo aéreo disolveuse completamente baixo as condicións do Tratado de Versalles, que demandaba que os seus aeroplanos fosen destruídos.

[editar] Período de entreguerras

Dende que lle foi prohibida a Alemaña a posesión dunha forza aérea, existiu a necesidade de adestrar en segredo aos seus pilotos para unha futura guerra. Inicialmente, foron usadas as escolas de aviación civil dentro de Alemaña, e aínda que só podían prestar un adestramento con avións lixeiros foron usadas para que cara o exterior semallase que os adestramentos estaban destinados á aviación civil.

Coa intención de adestrar aos seus pilotos nos últimos modelos de avións de combate, Alemaña solicitou a axuda do seu futuro inimigo, a Unión Soviética, a cal tamén estaba illada en Europa. Estableceuse un aeroporto de adestramento segredo en Lipetsk no ano 1924, e funcionou durante uns nove anos usando sobre todo avións de adestramento rusos e holandeses, aínda que tamén algún alemán, antes de ser pechado en 1933. Esta base era oficialmente coñecida como 4º escadrón da 40ª á do Exército Roxo.

O 26 de febreiro de 1935, Adolf Hitler ordenou a Hermann Göring reinstaurar a Luftwaffe, rompendo o Tratado de Versalles asinado en 1919.

Alto!!! Este artigo está sendo editado.
Este artigo está actualmente sendo editado.
Por favor, non faga ningunha edición neste artigo mentres esta mensaxe siga aparecendo para evitar así conflitos de edición.
Se precisa saber quen está traballando no artigo, por favor revise o historial de edicións
(O tempo máximo de presenza deste marcador no artigo é dun mes; pasado ese tempo debe retirarse).


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -