LSD
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
LSD | |
---|---|
IUPAC | D-Dietilamida do ácido lisérxico o: (6aR,9R)-N, N-dietil-7-metil- 4,6,6a,7,8,9-hexahidroindolo [4,3-fg]quinolina-9-carboxamida |
Fórmula química | C20H25N3O |
Masa molecular | 323.43 g/mol |
Punto de fusión | 80 - 85 °C |
Número CAS | 50-37-3 |
SMILES | O=[C@@](N(CC)CC)[C@H] 1CN(C)[C@](C2=C1)([H]) CC3=CNC4=C3C2=CC=C4 |
A droga LSD é un composto cristalino, relacionado estreitamente cos alcaloides do cornizó do centeo, a partir dos cales pode prepararse semisinteticamente. É a substancia psicotrópica máis potente que se coñece, e induce estados alterados de consciencia, comparados en ocasións cos da esquizofrenia ou a experiencia mística.
A palabra LSD é un xermanismo. Xurdiu como acrónimo de Lyserg Säure-Diäthylamid 25, dietilamida de ácido lisérxico. Aínda que o uso xeral escolleu a forma masculina, tería máis sentido falar de a LSD, pois dietilamida é un vocablo feminino.
Índice |
[editar] Dosificación
A LSD é unha das drogas de uso común máis potentes. Tanto os informes subxectivos como os métodos farmacológicos determinan que a LSD é ao redor de 100 veces máis potente que psilocibina e psilocina e ao redor de 4000 veces máis potente que a mescalina. As doses de LSD mídense en microgramos (µg), ou millonésimas de gramo. Por comparación, as doses de case todo o resto de drogas, médicas ou de lecer, mídense en miligramos, ou milésimas de gramo.
A dose coa que se producirá un notable efecto alucinóxeno en humanos é xeralmente de 25 microgramos. A finais dos noventa, a LSD obtida durante as operacións antidroga en Estados Unidos varía usualmente entre os 20 e 80 microgramos por doses. Durante os anos sesenta, as doses eran comunmente de 300 microgramos ou máis. Os efectos da droga son marcadamente máis evidentes en doses máis altas.
[editar] Historia
Coñécese dende hai 69 anos, en 1938. Foi utilizada para tratar pacientes alcólicos. Comezou a empregarse en 1943. Gañou popularidade na década dos 60, sendo o seu consumo culturalmente asociado ao movemento psicodélico, sobre todo nos Estados Unidos. Na época non era considerada prexudicial para a saúde, de tal modo que os médicos ata a recomendaban.
[editar] Presentación
A LSD é un material claro ou branco, inodoro e solúbel na auga. Prodúcese en forma cristalina.
[editar] Efectos
A LSD é un composto químico que pode alterar o pensamento, humor e percepción do individuo que a toma.
[editar] Trastornos físicos
- Dilatación de pupilas.
- Aumento da temperatura corporal.
- Aumento da frecuencia cardíaca.
- Aumento da tensión arterial.
- Suores.
- Inapetencia.
- Insomnio.
- Secura da boca.
- Tremores.
[editar] Transtornos psíquicos
- Angustia.
- Crises de pánico.
- Crises de paranoia.
- Fobias.
- Delírios.
[editar] Curiosidades
Unha das máis afamadas cancións de The Beatles, Lucy in the sky with diamonds, foi relacionada con esta droga, querendo ver nas iniciais do título a mensaxe de que en realidade pretendía ser unha loa da LSD.