See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Lingua minorizada - Wikipedia

Lingua minorizada

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Lingua minorizada é un termo da Sociolingüística que fai referencia a calquera lingua que, compartindo espazo xeográfico con outra ou outras, ten usos restrinxidos. Unha das razóns que poden levar a unha situación de minorización é un proceso de substitución lingüística, pero na maior parte dos casos as linguas minorizadas nunca chegaron historicamente a desenvolver eses rexistros e usos. Tradicionalmente se lles denominou a estas linguas minoritarias, pero ese é un valor erróneo, posto que a minorización non depende do número de falantes, senón do estatus que goce da lingua.

A minorización lingüística pode ter causas predominantemente políticas, que se expresan nas normas de uso lingüístico explícitas (por exemplo os decretos de Nova Planta nos Países Cataláns que crearon as circunstancias que permitiron a prohibición do uso do catalán nos ámbitos oficiais), ou sociais, expresadas na conciencia ou representación social, que pode impedir a normativización ou a codificación e o cultivo da lingua (por exemplo, a clase alta prefire e impulsa o francés en Luxemburgo e acaba impedindo o desenvolvemento do idioma luxemburgués).

Do mesmo xeito, a situación de minorización pode ser reversíbel como consecuencia da vontade firme dun pobo e das políticas dos seus gobernos (é o caso do finés, húngaro, islandés, noruegués, polaco e checo, no século XX). Hai aínda casos de resurrección de linguas, como a recuperación da lingua hebrea como vehículo de comunicación, dado que quedara reducida aos usos litúrxicos xa en tempos de Xesucristo.

O concepto de lingua minoritaria refírese á demografía relativa dun idioma, ás dimensións dunha comunidade lingüística. Aplícase, pois, á lingua dunha comunidade lingüística pequena, en termos xerais ou rexionalmente. Pode haber, pois, linguas minoritarias en situación de oficialidade plena (a danesa) e linguas minoritarias minorizadas (o galego ou o catalán). Tamén, dentro dun ámbito estatal, unha lingua pode estar en situación de minorización, e seguramente en minoría ante o grupo dominante, e, pola contra, á outra banda da fronteira estar en situación de oficialidade plena (é o caso do grupo alemán de Alsacia e Lorena, dentro do Estado francés).

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -