See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Lingua bengalí - Wikipedia

Lingua bengalí

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

bengalí (বাঙলা)
Pronuncia: Baņla
Falado en: Bangladesh, India (rexión de Bengala Occidental) e outros países
Total de falantes: 270 millóns
Posición: 4 (falantes nativos)
Clasificación xenética: Indoeuropea
 Indoiraniana
  Indoaria
   Zona leste
    Apabhransa avahattha
     bengalí
Escrita:
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Bangladesh, India, estados de Bengala Occidental e Tripura na India
Regulado por: Academia Bangla (Bangladesh)
Academia Bangla Paschimbanga (Bengala Occidental)
Códigos de lingua
ISO 639-1: bn
ISO 639-2: ben
SIL: BNG


O bengalí é unha lingua indoeuropea falada en Bangladesh e no estado indio veciño de Bengala Occidental. Hai tamén comunidades significativas de falantes de bengalí en Asam (outro estado indio tamén veciño a Bengala Occidental e Bangladesh), alén de poboacións inmigrantes no Occidente e no Oriente Medio. O bengalí evoluiu do sánscrito e do prácrito.

En bengalí a lingua chámase Bangla (বাঙলা). A tradicional área habitada polas poboacións bengalís chámase Bengala (Bongo en bengalí). A rexión está agora dividida en dúas partes: a parte occidental, Bengala Occidental (ou Poshchim-Bongo), que é un estado indio, e a parte oriental, Bangladesh, un país independente.

Índice

[editar] A loita polo bengalí en Bangladesh

Entre 1947-1971, cando Bengala Oriental (actualmente Bangladesh) era parte do Paquistán, a lingua bengalí tornouse o foco e a base da identidade nacional do pobo de Bengala Oriental, levando creación do estado de Bangladesh. O bengalí é a lingua oficial de Bangladesh e o traballo administrativo e oficial desempeñase en bengalí.

Entre 1950-52, a clase media emerxente de Bengala Oriental levou a cabo un levantamento, coñecido máis tarde como o "Movemento da Lingua", sendo o día 21 de febreiro celebrado como o Dia dos Mártires da Lingua, en memoria dos estudantes e activistas que (no día 21 de febreiro, 1952) se manifestaron desafiando os disparos dos militares, reivindicando que a lingua bengalí fose a lingua nacional ancestral do Paquistán. O bengalí é así, indiscutibelmente, unha das poucas linguas pola cal os seus falantes sacrificaron as súas vidas.

A UNESCO decidiu celebrar no 21 de febreiro o Dia Internacional da Lingua-Nai. A Conferencia Xeral da UNESCO tomou decisión para ese efecto o 17 de novembro de 1999 cando unanimemente adoptou o deseño dunha resolución sometida por Bangladesh, co-patrocinada e apoiada por 28 outros países.

O dia 19 de maio de 1961, Silchar, pequena cidade do sur de Asam, no nordeste da India, testemuñou tamén outra batalla pola lingua bengalí. Once persoas morreron por disparos da policía na protesta contra a imposición forzada do asamés aos nativos da lingua bengalí, como política do estado. O goberno tivo que retroceder.

[editar] A literatura en bengalí

bengalí no mundo.
bengalí no mundo.

Coñecido por moitos como o Shakespeare da India, posibelmente o maior e máis prolífico escritor en bengalí é o Premio Nobel Rabindranath Tagore. Influído fundamentalmente pola filosofía universalista hindú no Upanishads, Tagore dominou durante décadas a escena filosófica e literaria tanto bengalí como india. A súas 2.000 Rabindrasangeets teñen un papel importantísimo na definición da cultura bengalí, tanto en Bengala Occidental canto en Bangladesh. Outros traballos notábeis del en bengalí son Gitanjali, un libro de poemas polo cal agraciouse co Premio Nobel de Literatura, e moitos dos seus contos e algúns romances.

En unha categoría similar está Kaz Nazrul Islam, musulmán que permaneceu en Bangladesh despois da independencia e cuxo traballo, como o de Tagore, transcende limites sectarios.

Michael Madhusudan Dutta converteuse ao cristianismo, mais fíxose famoso polo seu traballo baseado no épico hindú Ramayana, creando unha obra-prima coñecida como "O asasinato de Meghnadh," (en bengalí "Meghnadh Bodh Kabbo" (মেঘনাদ বধ কাব্য)) que esencialmente segue a tradición épica poética de O Paraíso Perdido de Milton.

Sharat Chandra Chattopadhyay foi autor extremadamente respeitado e estilista complexo en bengalí e Bankim Chandra Chattopadhyay é máis famoso por ter escrito a canción nacional non oficial da India. "Bande Mataron" (pronunciado en hindi "Vande Mataron"). Jibanananda Das foi un poeta soberbo, notábel por tentar crear literatura que ficase fóra do estilo Tagore.

Traballos relixiosos seminais hindús en bengalí inclúen as moitas cancións de Ramprasad Sen. Os seus traballos do século XVII (cantados aínda hoxe en Bengala Occidental) cobren unha miríade de respostas emocionais á Mai Kali, detallando afirmacións filosóficas complexas baseadas nos ensinos Vedanta e pronunciamentos máis vicerais do seu amor por Devi. Usando alegorías creativas, Ramprasad tiña 'diálogos' coa Nai-Deusa permeando toda súa poesía, ás veces repreendéndoa, adorándoa, celebrándoa como a Divindade Nai, descuidada consorte de Shiva e Shakti caprichosa do cosmos. Tamén hai as laudatorias da vida e ensinos do Vaishnava santo Shri Chaitanya Mahaprabhu (o Chaitanya Charitamrit) e Devi Advaitist Shri Ramakrishna (o Ramakrishna Charitamrit, traducido aproximadamente como Evanxelio de Ramakrishna).

O místico Baul do interior de Bengala, que pregaba a verdade espiritual sen fronteiras do Sahaj Path (o camiño simple, natural), e Maner Manush (O Home do Corazón) deseñou a filosofía vedántica para propor verdades transcendentais en forma de música, viaxando de vila en vila proclamando que non existían nada hindú, musulmán ou cristián, soamente maner manush.

[editar] Escrita

O bengalí é xeralmente escrito coa escrita bengalí. Esa é unha escrita bráhmica, moito similar ao devanagari usado polo hindi e polo sánscrito. Cada símbolo-base representa unha sílaba, e outros símbolos poden adicionarse para mudar (ou suprimir) a vogal daquela sílaba. Aglomeracións de consoantes son frecuentemente indicadas pola ligazón de dous símbolos.

O sistema de soletrar baséase nunha versión antiga da lingua sen certas fusións de vogais que aconteceron na lingua falada, non podendo ser así definida como completa ortografía fonémica.

[editar] Variacións en dialectos

Gráfico
Gráfico

En Bangladesh, hai o que se coñece como sadhu bhaasha (literalmente "lingua de sabios") e cholti bhaashaa (literalmente "lingua que corre ou que vai"; esencialmente discurso coloquial). A principal diferenza é claramente unha aderencia máis firme ás normas gramaticais e un vocabulario sánscrito moito máis pesado. Músicas como o himno nacional indio "Jana Gana Mana" (por Rabindranath Tagore) e a música nacional da India (por Bankim Chatterjee) "Vande Mataron" foron na verdade compostas en bengalí sadhu bhaashaa altamente refinado. Non se fala realmente por bengalís e está máis confinado a foros formais e literarios.

Cholti bhaashaa é en si cheo de variacións rexionais. Cholti bhaashaa é a lingua menos ríxida e máis diluída que toma emprestado de varias fontes o seu vocabulario (en canto esmagadoramente derivada do sánscrito, hai tamén moitas palabras tomadas de fontes no inglés, hindi, árabe e persa ou farsi). Tamén a pronuncia de certas palabras e un maior descuido nas expresións gramaticais son claramente un factor distintivo entre cholti bhaashaa e sadhu bhaasha.

Hai unha división entre a maneira de falar dos bengalís occidentais e dos bengaleses. Unha pronuncia menos estandarizada do bengalí, que prevalece especialmente en vilas e en Bangladesh, tende a presentar sons claros de 'ch' e 'sh' e o 'ph' (un p inspirado como en inglés pillow) soa a, respectivamente, sons máis susurrados de ('s'-cheo) e 'fh. Ese modo de pronuncia ten relación próxima co dialecto 'Sylleti' de Bengala Occidental que ten unha influencia árabe-persa maior é mais distinto da gramática padrón do bengalí. En Kolkata, Bengala Occidental, o cholti bhaashaa achégase a formas máis estandarizadas e 'propias' do bengalí, retendo as estruturas de son tradicionais e desviando un pouco máis para preto do sadhu bhaashaa.

As maiores diferenzas, entrementres , entre o bengalí de Bengala Occidental e o bengalí falado en Bangladesh (o bengalí escrito literalmente permanecendo practicamente o mesmo) é difícil no son, desa forma, de certas variacións gramaticais rexionais e caracteres. Hai, no entanto, algunhas diferenzas que moitos atribuirían á separación entre a poboación maioritariamente musulmá de Bangladesh e a gran poboación hindú de Bengala Occidental. Por exemplo, moitas palabras derivadas do sánscrito son padrón sadhu e cholti bhaashaa, noutras palabras, o padrón bengalí funcionou no bengalí falado en Bangladesh (ás veces chamado de Dhaka).

Algúns exemplos de troco do bengalí padrón (aínda falado en Kolkata) falado en Bangladesh son os seguintes:

auga: jal (S) substituído por paani (U) convite: nimontonno (S) substituído por dawaat (U) vinte: koorie (S) substituído por bis (U)

  • S=Sánscrito; U=Urdú (forma de hindi árabe/persa)

[editar] Sons

A fonética bengalí ten 45 fonemas esenciais e 5 non esenciais.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -