Lingua amhárica
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Amárico (አማርኛ) | ||
---|---|---|
Pronuncia: | ämerəña | |
Falado en: | norte e centro de Etiopía | |
Rexión: | África oriental | |
Total de falantes: | 21 millóns | |
Clasificación xenética: | Afroasiática Semítica linguas semíticas Meridionais Amárico |
|
Escrita: | alfasilabario adaptado da escrita ge'ez | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Etiopía | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | am | |
ISO 639-2: | amh | |
ISO/DIS 639-3: | amh | |
SIL: | AMH |
O amárico ou amhárico (አማርኛ, ämerəña) é unha lingua semítica falada no norte e no centro de Etiopía, onde é lingua oficial. Toma o seu nome da rexión de Amhara, no centro de Etiopía.
Fóra de Etiopía, o amárico é a lingua de 2.700.000 emigrantes, que viven en Exipto, Israel e Suecia. Tamén é falada en Eritrea polos deportados eritreos procedentes de Etiopía.
É a segunda lingua semítica no tocante a número de falantes, por detrás do árabe e por diante de linguas como o tigriña e o hebreo.
Escríbese usando un silabario chamado "fidel" ou "abugida" adaptado do que se usou para escribir a extinta lingua ge'ez.
Índice |
[editar] Fonemas e grafías
Bilabiais | Dentais | Palatais | Velares | Glotais | ||
---|---|---|---|---|---|---|
Oclusivos | xordos | p | t | c | k | ʔ |
sonoros | b | d | ɟ | g | ||
exectivos | pʼ | tʼ | cʼ | kʼ | ʔʼ | |
Africados | ʦʼ | |||||
fricativos | xordos | f | s | ʃ | h | |
sonoros | z | ʒ | ||||
nasais | m | n | ɲ | |||
Líquidos | w | l | j | |||
Vibrantes | r |
Anteriores | Centrais | Posteriores | |
---|---|---|---|
Pechadas | i | ə | u |
Medias | e | ä | o |
Abertas | a |
[editar] Símbolos do abugida (silabario) amárico ("Fidels" ፊደል)
O abugida ou silabario etíope ten un total de 231 signos que representan sílabas, resulta de combinar os 7 fonemas vogálicos cos 33 fonemas consonánticos da lingua amárica.
ä | u | i | a | e | ə | o | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
p | ፐ | ፑ | ፒ | ፓ | ፔ | ፕ | ፖ |
t | ተ | ቱ | ቲ | ታ | ቴ | ት | ቶ |
c | ቸ | ቹ | ቺ | ቻ | ቼ | ች | ቾ |
k | ከ | ኩ | ኪ | ካ | ኬ | ክ | ኮ |
ኸ | ኹ | ኺ | ኻ | ኼ | ኽ | ኾ | |
b | በ | ቡ | ቢ | ባ | ቤ | ብ | ቦ |
d | ደ | ዱ | ዲ | ዳ | ዴ | ድ | ዶ |
J | ጀ | ጁ | ጂ | ጃ | ጄ | ጅ | ጆ |
g | ገ | ጉ | ጊ | ጋ | ጌ | ግ | ጎ |
p’ | ጰ | ጱ | ጲ | ጳ | ጴ | ጵ | ጶ |
t’ | ጠ | ጡ | ጢ | ጣ | ጤ | ጥ | ጦ |
c’ | ጨ | ጩ | ጪ | ጫ | ጬ | ጭ | ጮ |
k’ | ቀ | ቁ | ቂ | ቃ | ቄ | ቅ | ቆ |
7 | አ | ኡ | ኢ | ኣ | ኤ | እ | ኦ |
ä | u | i | a | e | ə | o | |
ts’ | ጸ | ጹ | ጺ | ጻ | ጼ | ጽ | ጾ |
f | ፈ | ፉ | ፊ | ፋ | ፌ | ፍ | ፎ |
s | ሰ | ሱ | ሲ | ሳ | ሴ | ስ | ሶ |
S | ሸ | ሹ | ሺ | ሻ | ሼ | ሽ | ሾ |
h | ሀ | ሁ | ሂ | ሃ | ሄ | ህ | ሆ |
ሐ | ሑ | ሒ | ሓ | ሔ | ሕ | ሖ | |
z | ዘ | ዙ | ዚ | ዛ | ዜ | ዝ | ዞ |
Z | ዠ | ዡ | ዢ | ዣ | ዤ | ዥ | ዦ |
m | መ | ሙ | ሚ | ማ | ሜ | ም | ሞ |
n | ነ | ኑ | ኒ | ና | ኔ | ን | ኖ |
ñ | ኘ | ኙ | ኚ | ኛ | ኜ | ኝ | ኞ |
w | ወ | ዉ | ዊ | ዋ | ዌ | ው | ዎ |
l | ለ | ሉ | ሊ | ላ | ሌ | ል | ሎ |
j | የ | ዩ | ዪ | ያ | ዬ | ይ | ዮ |
r | ረ | ሩ | ሪ | ራ | ሬ | ር | ሮ |
ä | u | i | a | e | ə | o |
[editar] Nomes
[editar] Xénero
Os nomes amáricos poden ter xénero masculino ou feminino. Existen diferentes medios de expresa-lo xénero. Un exemplo é o antigo sufixo -t para forma-lo feminino, limitado a certos modelos e a certos nomes aillados. Os nome e adxectivos que rematan en -awi forman normalmente o feminino co sufixo -t: por exemplo, ityop':eya-(a)wi, "etíope" (m.), fronte a ityop':eya-wit-t, "etíope" (f.); sämay-awi, celestial" (m.), fronte a säway-awi-t, "celestial" (f.). Este sufixo utilízase tamén en nomes e adexectivos baseados no modelo k'et(t)ul, por exemplo, nəgus, 'rei', fronte a nəgəs-t, "raíña", e, k'əddus, "santo", fronte a k'əddus-t, "santa".
Algúns nomes e adxectivos forman o feminino con -it': lək, "rapaz" fronte a lək'-it, "rapaza"; bäg, "carneiro", fronte a bäg-it, "ovella"; s'əmagəlle, "ancián", fronte a s'əmagəll-it, "anciá"; t'ot'a, "mono", fronte a bäg-it, "mona". Outros nomes teñen esta terminación de feminino inda que non existe un oposto masculino: no caso de s'ärar-it, "araña", ou azur-it, "remuiño". Existen tamén, porén, nomes que teñen o sufixo -it e compórtanse gramaticalmente como masculinos: säraw-it, "exército"; nägar-it, "bombo".
O xénero feminino non se usa só para indicar o sexo biolóxico, senon tamén para expresar tamaño pequeno. Así ocorre en bet-it-u, "a casiña" (literalmente, cas-FEM-ARTIGO). O morfema de feminino pode servir tamén para expresar tenrura ou simpatía.
[editar] Números
ande = 1; hulet = 2; sost = 3; arat = 4; ammist = 5; siddist = 6; sebat = 7; semment = 8; zetegn = 9; asir = 10; asra ande = 11; asra hulet = 12; asra sost = 13; asra arat = 14; asra ammist = 15; asra siddist = 16; asra sebat = 17; asra semment = 18; asra zetegn = 19; haya = 20; haya ande = 21; selasa = 30; arba = 40; hamsa = 50; selesa = 60; seba = 70; semanya = 80; zetena = 90; meto = 100; shee = 1000; meelyon = 1000000.
[editar] Vocabulario básico
- Bos días: ëndemën aderu
- Boas tardes: dehna yideru
- Ola: selam/tadiyaas
- Adeus: t‘eanast‘ëllën
- Por favor: ëbakon
- Grazas: amesegënallô
- Moitas grazas: bet‘am amesegënallô
- De nada: ënkwan dehna met‘u
- Perdón: yik‘ërta
- Síntoo: aznallô
- Si: awo
- Non: ie
- Benvido : selam
- Entende?: gebbawot?
- Entendo: gebëtonyal
- Non entendo: algebanyëm
- Cmo estás?: dehna not?
- ¡Ben!: dehna!
- Como te chamas? : sëmëwot man nô?
- Chámome... : sëmea... nô.
- De onde es? : ke yeat ager not?
- Cantos anos tes?: ëdmeawot sëntë?
- Teño ... anos: ...ametea nô.