Libro electrónico
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un libro electrónico é unha versión electrónica ou dixital dun libro. Na ficción unha das mostras máis coñecidas que se coñecen é no filme 2001: Unha odisea do espazo de 1968, no que aparecen dous astronautas lendo un xornal nun dispositivo de lectura portátil. Os primeiros dispositivos reais apareceron a mediados dos anos 80 coa popularización da informática, xa que un libro electrónico se pode ler nun PC, unha PDA, nun portátil ou en calquera outro dispositivo que teña unha pantalla. Non obstante o libro electrónico non conseguiu desbancar ó libro tradicional como sistema de lectura.