Liège
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Liège | |
---|---|
localización do concello, no distrito e na provincia |
|
Escudo | Bandeira |
Xeografia | |
Rexión | Valonia |
Provincia | Provincia de Liège |
Coordeadas | 50°38’ N, 05°34’ E |
Área | 69,39 km² |
Demografía | |
Poboación – Homes – Mulleres – Densidade |
187.432 (01/07/2006) 48,83% 51,17% 2.701,14 hab./km2 |
Grupos de idade 0–19 anos 20–64 anos 65 anos ou máis |
(01/01/2006) 20,77% 60,63% 18,60% |
Estranxeiros | 16,05% (01/07/2005) |
Economia | |
Desemprego | 31,38% (01/01/2006) |
Renda per capita | 10.350 euros/hab. (2003) |
Política | |
Prefecto | Willy Demeyer (PS) |
Coalición/Partido | Parti Socialiste (PS)- Centre Démocrate Humaniste (cdH) |
Vereadores | 49 |
Código Postal | |
Código Postal | submunicipios (antigos municipios) |
4000, 4020 4000 4000 4020 4020 4020 4030 4031 4032 |
Luik Glain Rocourt Bressoux Jupille-sur-Meuse Wandre Grivegnée Angleur Chênée |
Outras informacións | |
Código telefónico | 04 |
Código NIS | 62063 |
Páxina web | www.liege.be |
Liexa (francés: Liège; neerlandés: Luik) é unha cidade de Bélxica, capital da provincia homónima. Ten uns 185.000 habitantes segundo o censo do ano 2005. Situada xunto a desembocadura do río Ourthe no Mosa, no leste do país. Está comunicada con Antuerpen polo Albertkanaal (canle Alberto) e coa rexión renana polo río Mosa.
Dende o século XV, a cidade experimentou un continuo desenvolvemento económico, e no século XIX convertérase nun importante centro industrial, como consecuencia da explotación das minas de hulla e do seu procesamento. Industria siderúrxica, de transformados metálicos, de construción de maquinaria, armamentística, química, do caucho, do vidro e alimentaria (refinería de azucre). A cidade posúe un dos portos fluviais máis importantes de Europa, tamén posúe un Aeroporto en Bierset. Liexa constitúe o centro cultural dos valóns. A súa universidade fundouse en 1817.
[editar] Ligazóns externas
- Páxina oficial de Liexa
- Liégeois (en francés) (en inglés)