LGBT
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
LGBT (ou GLBT) é unha abreviatura de uso moi corrente para agrupar todo o referido á cultura ou á comunidade gai, lésbica, bisexual e transexual. Aínda que é un termo controvertido, resulta o máis axeitado para integrar as distintas formas da liberdade sexual cá homosexual ou ca lesbigai. O acrónimo GLBT é máis usado nos Estados Unidos e en Australia, mentres que o LGBT, dándolle maior visibilidade ao lesbianismo, é máis usual en Europa.
Índice |
[editar] Significado dos termos
Cada termo no acrónimo refírese a un grupo específico.
[editar] Lesbiana
- Ver artigo principal: Lesbianismo.
Neste contexto, lesbiana refírese ás mulleres homosexuais, é dicir, que practican sexo exclusivamente con outras mulleres.
[editar] Gai
- Ver artigo principal: Homosexualidade.
Neste contexto, gai refírese especificamente aos homes homosexuais, que practican sexo exclusivamente con outros homes.
[editar] Bisexual
- Ver artigo principal: Bisexualidade.
Bisexual refírese ás persoas que practican sexo con persoas dos dous xéneros. Mentres que a bisexualidade tradicional se define como a "atracción cara a homes e mulleres", comunmente abrangue tamén a pansexualidade, ou "atracción onde o sexo da parella é de pouca ou ningunha importancia" (i.e. homes, mulleres, ou calquera outra identidade sexual). A bisexualidade cobre calquera orientación sexual entre a homosexualidade estrita e a heterosexualidade estrita.
[editar] Transexual
- Ver artigo principal: Transexualidade.
O termo trans úsase para denominar un grupo de persoas caracterizadas pola inversión parcial ou total dos roles de xénero. Unha definición común é a de "persoas que senten que o sexo que lles foi asignado ao nacer é unha descrición falsa ou incompleta delas".