See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Leopoldo Nóvoa - Wikipedia

Leopoldo Nóvoa

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Alto!!! Este artigo está sendo editado.
Este artigo está actualmente sendo editado.
Por favor, non faga ningunha edición neste artigo mentres esta mensaxe siga aparecendo para evitar así conflitos de edición.
Se precisa saber quen está traballando no artigo, por favor revise o historial de edicións
(O tempo máximo de presenza deste marcador no artigo é dun mes; pasado ese tempo debe retirarse).


Leopoldo Novoa García (Salcedo, Pontevedra, 1919) é un pintor galego..

Índice

[editar] Biografía

Fillo dun diplomático, aos sete anos realiza a súa primeira viaxe a América, onde comeza a debuxar, pintar e modelar. Regresa a Galicia en 1929, inflúe nos movementos artísticos dos anos da República, e en 1938 a súa familia trasládase novamente a América, para residir en Uruguai ata 1947, cando marchan a Bos Aires. Alí, con viaxes constantes por todo o continente, o artista vive ata que en 1965 trasládase a París, onde traballará intensamente, aínda que pasa longas tempadas na paz de Armenteira, preto de Pontevedra.

As exposicións sucédense, desde 1953, en Bos Aires, Nova York, Punta do Leste, Montevideo, Dublín, Madrid, Italia, Bélxica, París, Lima, Bogotá, Quito e en Vigo e outras cidades de Galicia. participou en colectivas en todo o mundo, sempre como nome destacado dunha tendencia informalista, absolutamente conceptual, de peculiaridade total, na que hai un afán de identidade entre espazo e tempo.

Está representado en Museos de Arte contemporánea de todo o mundo e en grandes institucións. Novoa realizou grandes murais, algúns de dimensións excepcionais, probablemente dos máis grandes do mundo, e ten unha gran cantidade de obras integrada en arquitectura, en Uruguai, España, Francia.

Leopoldo Nóvoa identifícase dalgún xeito cos modos do arxentino -éo, aínda que se lle cre italiano- Lucio Fontana. Con frecuencia adhire obxectos corpóreos aos seus cadros como cordas, cartóns e tecidos. A súa gama é neutra, case monocroma. Hai unha execución impecable na súa expresión plástica -chamala exclusivamente pintura sería limitala-. É un mundo de silencios, de suxestións infinitas, sempre nunha plasticidad enamorante. A superficie das súas teas aparece agredida, hai aristas emerxentes nunha superficie neutra, gris ou terrosa; uns grumos sobre un fondo como aceirado.

Esta expresión plástica é consecuencia dunha longa evolución simplificadora, que parte dun expresionismo intenso, emparentable con algúns modos do gran uruguaio Torres García, aínda que tamén recorda a Bracque e a Picasso, e en certos momentos a Luís Seoane. Na época intermedia, xa considerablemente informalista, hai algunhas paisaxes con referencias vagas fantasmagorizadas, e algunha figura que recorda a Kirchen. Todo isto indica que a carreira de Nóvoa é razonante, reflexiva, de lenta evolución ata a súa última tendencia, encuadrable seica no que Carlos Areán definiu como «escultopintura», aínda que Nóvoa é fundamentalmente un plástico e un pintor que crea mundos propios, de beleza fascinadora e preocupante.

Faceta non olvidable da súa obra é a de escultor, de identidades con Brancusi e seica co inicial Oteyza. Todos os materiais -ferro, bronce, pedra, chatarra- son válidos para a expresión dunha mente lúcida, de artista pleno, creador de mundos propios.

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • Sobrino Manzanares, Mª Luisa: Catálogo del Patrimonio artístico de la Diputación de La Coruña. A Coruña, Deputación, 1991.
  • Seoane, Xavier: Nóvoa. A Coruña, Ayuntamiento, 1989. Colección Arte Galega. A Coruña, Xunta de Galicia, 1989.
  • Logroño, Miguel: Nóvoa. Vigo, Editorial Galaxia, 1977.
  • Un siglo de pintura gallega 1880/1980. Buenos Aires, Museo Nacional de Bellas Artes, 1984.
  • Novoa. Exposición antológica. Vigo, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, 1985.
  • Pablos, Francisco: Plástica gallega. Vigo, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, 1981.
  • Vangardas e silencios. Compostela, Xunta de Galicia, 1978.

[editar] Ligazóns externas

Obras do autor na Colección Caixanova

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -