Laico
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un laico (do grego λαϊκός, pobo, facendo referencia ó pobo de Deus) ou seglar é unha persoa que que está bautizada na relixión católica pero que non forma parte da súa comunidade como organización; isto é, que non recibiu o sacramento da orden sacerdotal.
Aínda que a Igrexa Católica emprega a palabra laico como un término propio, esta palabra tamén se emprega noutras relixións. No budismo, ten un significado parecido ó católico; nesta relixión un laico é unha persoa que non necesita do clero nin do templo para exercer a súa relixión.
Vexa tamén:
- Estado Laico
- Relixioso
- Laicismo