Laetoli
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Laetoli é un xacemento que se localiza a 45 km ao suroeste da garganta de Olduvai, en Tanzania, próximo ao Parque Nacional do Serengeti. En 1978 Mary Leakey atopou pisadas de homínidos dunha antigüídade de 3'7 millóns de anos. Tres homínidos camiñaran cara o norte, e deixaran cos seus pé pisadas moi ben definidas na cinsa volcánica, que por mor da chuvia se convertira en lama, procedente dunha das erupcións do volcán Sadiman, situado a vinte quilómetros. Dous homínidos ían por diante e outro seguíaos pisando as súas pegadas, polo que ás veces faise difícil seguir o seu trazado. As pisadas demostran que camiñaban erguidos habitualmente, de igual xeito a como o fai un humano moderno. O segundo homínino é moito máis pequeno, seguramente unha femia ou unha cría.
homínido 1 | homínido 2 |
|
---|---|---|
longo da pisada | 21.5 cm | 18.5 cm |
largo da pisada | 10 cm | 8.8 cm |
alancadas | 47.2 cm | 28.7 cm |
reconstrución da altura | 1.34-1,56 m | 1.15-1.34 m |
No mesmo xacemento descubríronse restos de mandíbulas e dentes presumiblemente de Australopithecus afarensis. Tamén se descubriron pisadas de outras vinte especies animais: hienas, babuínos, xabarís, xirafas, gacelas, rinocerontes...