La Graciosa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A illa de La Graciosa forma parte do arquipélago Chinijo, pertencente á Comunidade Autónoma de Canarias (España), xunto cos illotes de Montaña Clara, Roque del Este, Roque del Oeste e Alegranza. Está ao noroeste de Lanzarote, illa da que depende administrativamente e da que a separa un brazo de mar coñecido como O Río. Tamén está relativamente próxima á costa continental africana.
Foi conquistada en 1402 polo explorador normando Juan de Bethencourt, baixo o vasallaje de Enrique III de Castela. A Graciosa posúe uns 29 km² nos que se achan os dous únicos pobos da illa: A Caleta do Sebo (capital insular) e Casas de Pedro Barba. A súa poboación actual é de 637 habitantes. A economía da illa está baseada na pesca e o turismo. Numerosos viaxeiros visítana durante todo o ano.
A Graciosa é accesible unicamente desde o mar, aínda que tamén posúe un heliporto situado moi preto de Caleta do Sebo.
A illa só posúe un delegado do concello conejero de Teguise.
[editar] Puntos xeográficos destacados
- Las Agujas (266 m.)
- Montaña Amarilla (178 m.)
- Montaña del Mojón
- Montaña Bermeja
[editar] Nota
A Graciosa é denominada en numerosas ocasiones "illote", aínda que segundo a Real Academia Galega un illote é unha illa pequena ou despoblada.