See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Kiwi (ave) - Wikipedia

Kiwi (ave)

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Este artigo é sobre a ave non voadora chamada kiwi, nativa de Nova Celandia. Para información sobre os habitantes dese país, tamén chamados "kiwis", véxase Nova Celandia. Para información sobre a froita de orixe chinesa, véxase Kiwi (froita).
Kiwi
Estado de conservación
Vulnerábel
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Struthioniformes
Familia: Apterygidae
Xénero: Apterix
Nome científico
Apterix australis Kiwi marrón

Apterix hastii Kiwi grande apigarado Apteris owenii Kiwi pequeno apigarado

Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

A denominación 'kiwi' é maorí, idioma do pobo homónimo de liñaxe malaio-polinesia que colonizou Nova Celandia antes da chegada dos europeos. O kiwi é calquera das especies de pequenas aves non voadoras nativas de Nova Celandia, do xénero Ápterix. De aproximadamente o tamaño dunha galiña, o kiwi é o máis pequeno dos struthioniformes vivos. A pesar de que se cre que é a especie mais próxima aos casuarios ou ao extinguido moa, a sua orixe evolutiva é aínda incerta.

Antes da chegada dos humanos sobre o 1300, na Nova Celandia non había mamíferos, e os nichos ecolóxicos que noutras partes do mundo estaban cheos de criaturas tan diversas como cabalos, lobos e ratos foron ocupados por paxaros (e en menor proporción, réptiles).

Os kiwis son criaturas tímidas e nocturnas cun sentido do olfacto moi desenvolvido e, xeralmente inusual nunha ave, fosas nasais na punta do seu longo e afiado peteiro. Para alimentarse, incrustan o peteiro no chan en busca de miñocas, insectos e outros invertebrados. Tamén comen froita e, se a oportunidade se presenta, pequenos cangrexos de río, anfibios e anguías.

A súa adaptación á vida terrestre é extensiva: como todos os struthioniformes, non teñen "quilla" no esterno para ancorar os músculos das ás, e case nin ás sequera: os vestixios son tan pequenos que son invisíbeis baixo a súa plumaxe. Esta plumaxe é típica da ave en cuestión. Diríase que, por razons evolutivas e de adaptación ao ecosistema, os plumons non chegaron á etapa de verdadeiras plumas, adoptando o característico aspecto de suaves cerdas que ten a 'plumaxe' do kiwi. Mentres que xeralmente os páxaros teñen ósos ocos para aforrar peso e facer o voo máis práctico, o kiwi ten medula, igual que os mamíferos.

Existen tres especies, unha das cales ten dúas subespecies:

  • O Kiwi marrón da Illa do Norte, Ápterix australis manteli abarca os dous terzos do norte da Illa do Norte e, con case 35.000 restantes, é o kiwi máis común. As femias miden aproximadamente 40 cm e pesan cerca de 2,8 kg; os machos pesan cerca de 2,2 kg. O kiwi marrón da Illa do Norte demostra unha resistencia notábel: adáptase a unha gran variedade de hábitats, incluso bosques non-nativos e algúns campos. A plumaxe é vermella e marrón. A femia xeralmente pon dous ovos, os cales son incubados polo macho.
  • O Kiwi marrón Okarito, Ápterix australis australis, é unha subespecie do marrón da Illa do Norte recentemente identificada, un pouco máis pequena, cun matiz grisáceo na plumaxe e en ocasions plumas brancas no rostro. As femias poñen até tres ovos por temporada, cada un nun niño diferente. Tanto a femia como o macho incuban os ovos. Actualmente só quedan uns 140.
  • A especie máis grande é o Kiwi grande apigarado, Ápterix hastii, o cal mide aproximadamente 45 cm e pesa uns 3,3 kg (os machos pesan aproximadamente 2,4 kg). Ten unha plumaxe gris marrón con bandas máis claras. A femia pon soamente un ovo, e incuban tanto esta como o macho. Estímase que a poboación alcanza 20.000 exemplares, distribuidos ao redor das zonas máis montañosas do noroeste de Nelson, o norte de Costa Oeste e os Alpes Sureños.
  • O Kiwi pequeno apigarado, Ápterix owenii, é incapaz de sobrevivir á depredación de cochos, armiños e gatos. É o máis ameazado de todos os kiwis e xa se extinguiu na maior parte do arquipélago. Quedan aproximadamente 1000 na Illa Kapiti e foi introducido noutras illas libres de depredadores nas que parece estar establecéndose. É unha ave dócil de aproximadamente 25 cm de alto e a femia pesa 1,3 kg. Esta pon un só ovo que é incubado polo macho.[[ja:キーウィ (鳥)]


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -