See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Conversa Usuario:Killerwhale - Wikipedia

Conversa Usuario:Killerwhale

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Benvido(a) Killerwhale á Galipedia: esta é a túa páxina de discusión, que che servirá para recibir mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses, etc. Se tes dúbidas consulta:

Tes a Taberna de Galipedia, onde podes pór as túas dúbidas, suxerencias ou comentarios.

Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de discusión, se non, non lle sairá a mensaxe de «Tes mensaxes novas» e é moi posíbel que non se decate da túa resposta. Así mesmo, non esquezas asina-las mensaxes que deixes nas páxinas de discusión (con ~~~~), saúdos, --Rocastelo(fálame aquí) 17:19, 22 maio 2006 (UTC)


Para contactar comigo

Para contactar comigo, fai click na
palabra Galipedia da miña sinatura.
Fai click despois na pestana editar
da ventá que se abre. Escribe ó final
da páxina e, cando remates, asina (fai
click no penúltimo botón da barra que
está encima da caixa de edición, o que
ten unha sinatura como debuxo).

  • Ola Killerwhale. Grazas pola túa colaboración. A túa axuda é importante para que a Galipedia medre.

O proxecto en que se inclúe a Galipedia consta ademais de:

  • Wikisource para textos orixinais,
  • o Galizionario para entradas de dicionario,
  • Galicitas para citas textuais e
  • Galilibros para a publicación de libros.
  • Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un reservatario de imaxes común a todos wikis—

Non dubides en contastar comigo cando desexes. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 08:52, 14 outubro 2006 (UTC)

Índice

[editar] Problema coas imaxes

Grazas por colaborares connosco.

Tódalas imaxes que se suban a esta wiki teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. Ademais tódolos arquivos deben de ter dous datos expresos: a licenza ou copyright e a orixe ou "source". As políticas da Galipedia están pensadas para que este proxecto perdure e non sexa atacado por poderes aos que non lles interesa a nosa presenza en Internet, aos que non lles interesa que a cultura sexa libre. Se non procurásemos ser estritos cos dereitos de autor, correriamos o risco de que o proxecto se cambalease e/ou desaparecese.

Dúas imaxes que subiches (Image:Katkatunturi.jpg e Image:Finnish map with Kittilä highlighted.png)non presentan os datos adecuados. A continuación colócoche un texto explicativo sobre as imaxes que, se o desexas -agradeceríacho no caso de que poidas- che permitirá incluír eses datos

[editar] A orixe

A orixe ou fonte da imaxe é un dato que indica de onde foi tirada a imaxe e que serve para comprobar que a licenza é correcta. A orixe colocarase ben en forma de ligazón a unha páxina web, ben incluíndo os datos dun libro (dito libro ou dita imaxe ten que estar no dominio público) ou indicando que é unha fotografía tomada por ti.
É dificilísimo encontrar unha foto nunha páxina web ou nun libro que estea no dominio libre. Isto en parte se debe a que os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 anos da morte do fotógrafo (non do individuo obxecto da foto) e a que, segundo a legislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web tenga copyright. Polo tanto, se nunha páxina web non pon nada, ten copyright, e as fotos, en principio, non se poden subir (agás que se dea a condición dos 70 anos expresada antes). Só se poden subir fotos de aqueles lugares que indiquen que as imaxes están no dominio público y permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.
Dado que é dificilísimo que se dean estas condicións, alimentámos a Galipedia (Wikipedia galega) fundamentalmente con fotos feitas por usuarios ou imaxes antigas. Ademais hai que pensar que unha obra derivada (unha foto dunha imaxe con copyright) ten tamén copyright e non se pode subir (Véxase Commons:Commons:Obras derivadas)
A moitos usuarios lles sorprende o celo que procuramos ter coas imaxes para non atentar contra os dereitos de autor. Pensa que é crucial para a estabilidade do proxecto pois hai moitos intereses creados en contra de que todo o que poida ser cultura estea no dominio público.

[editar] A licenza

Se accedes á túa imaxe, observarás que está marcada para ser eliminada por falta de datos (se incorporas os datos podes eliminar as marcas de borrado). Como che dicía, os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza ou copyright e a orixe ou source.
A licenza escríbese nos datos da imaxe entre dobres parénteses (por exemplo {{GFDL}}). Tes unha relación de licencias en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe. Nesa páxina, verás unha táboa con tres columnas. A columna do medio indica o xeito de escribirse a licenza na Galipedia. A columna da esquerda ten unha ligazón que serve para ver a licenza que se coloca na imaxe, facendo click sobre unha das ligazóns que aparecen verás o que significa cada licenza.
Non só se poden subir imaxes á Galipedia. Tamén se poden subir a Commons (En commons só se pode subir fotos e material multimedia). A terceira columna indica a denominación das licenzas en Commons. As imaxes subidas a Commons incorpóranse ós artigos do mesmo xeito cás subidas á Galipedia, pero poden empregarse tamén nas wikipedias noutras linguas.
En Commons (hai unhas 900.000 fotos) poderás encontrar imaxes que están no dominio libre (permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial) para colocar nos artigos da Galipedia ou nos teus traballos. Levamos xa un tempo traballando na Categoría Galicia, pero por desgraza aínda temos poucas fotos dos concellos galegos.

[editar] ¿Como incorporar os datos ás imaxes?

¿Cómo incluír eses datos cuando vas subir unha imaxe?
No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon Summary. Podes poñer aí os datos e así no tes que editar despois a foto.

¿Como indicalo cando unha imaxe xa foi subida?

  • Accede á foto.
  • Una vez que accediches, hai click na pestana editar que está na parte superior.
  • Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses: {{PD-self}}, {{GFDL-self}}
  • Garda la página

Conta comigo para o que necesites. Se tes problemas, coméntame a orixe da imaxe e mirarei eu de facer. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 10:11, 14 outubro 2006 (UTC)

[editar] Foto borrada por copyvio

Ola Killerwhale. Tiven que borrar a foto Image:800px-Bjork Hurricane.jpg con orixe en http://www.flickr.com/photos/zachklein/2641909/in/set-66401/. Se reparas na columna dereita da orixe pon Additional Information © All rights reserved. Síntoo.

Só se poden subir unha pequena parte das maxes de Flickr. O procedemento de subida está xa creado en Commons.

Nesta páxina de Flickr telas fotos con licenza Creative Commons de Flikr clasificadas en 6 grupos (pódese facer busca dentro de cada grupo). Só se poden subir imaxes do 1º e do 6º. Se fas click no enlace que hai en cada grupo que pon See more podes facer buscas dentro do grupo.

Os datos das fotos do 6º grupo (polo de agora este sistema só é válido para Commons, pero podes subilas alí) incorpóranse engadindo a seguinte táboa:

{{flickr|
|title=título da foto en Flickr
|description= Descrición da foto
|photographer= Nome ou alcume do fotógrafo
|photographer_location= localidade do fotógrafo
|photographer_url= enlace á páxina en que están os datos do fotógrafo en Flickr
|flickr_url= enlace á páxina en que está a foto
|taken= Data con que aparece a foto en Flickr
|reviewer= Usuario que a subiu (non se pon User:)
}}
{{cc-by-sa-2.0}}

As imaxes do 1º grupo poden subirse con esa mesma táboa, pero hai que cambiar a licenza por {{cc-by-2.0}}

Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 11:15, 21 outubro 2006 (UTC)

[editar] Canguro

Cando unha imaxe Image:Kangaroo and joey.jpg está en Commons (o repositorio común de imaxes) non é preciso cargala na Galipedia. É suficiente poñer o enlace á imaxe como se estivese aquí, tampouco é preciso poñer a licenza porque xa está marcada alí. Aproveito a ocasión para darche a benvida xa que aínda non o fixera. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:24, 26 novembro 2006 (UTC)

[editar] 20.000 artigos

Ola Killerwhale. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois moitos dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días e, quizais algúns non cheguen a ver esta mensaxe nunca, porque o seu paso pola Galipedia foi fai moito tempo. Así e todo, non queriamos deixar de agradecérllelo.

Grazas de novo por ser un máis entre nós. Lmbuga Commons -- Galipedia e --Prevert(talk) 00:51, 6 decembro 2006 (UTC)

[editar] Re:Dúbida cos recadros de fauna

Hola, User:Calrosfking na Taberna de Commons deixou unha mensaxe indicando que está a disposición de todos os que queirades uns gráficos que xa veñen empregándose noutras wikipedias na que as difererentes especies de seres vivos pódense clasificar segundo o seu grao de ameaza de desaparición. As páxinas onde podedes atopalo son http://gl.wikipedia.org/wiki/Estado_de_conservaci%C3%B3n ou como plantilla (template) en Template:Pengo IUCN/gl. A idea agora é poñelas dentro das caixas taxonómicas da wikipedia (en http://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Modelo_de_Taxonom%C3%ADa) como podedes ver no seguinte exemplo sacado da wikipedia en italiano http://it.wikipedia.org/wiki/Recurvirostridae ) pero nisto estamos, supoño que pronto se poderán engadir sen problemas.

Se accedes á primeira ligazón e editas a páxina verás como se pode engadir a imaxe, (por exemplo: Image:Status iucn3.1 EX gl.jpg). Na segunda ligazón aparece a template. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 14:52, 17 xuño 2007 (UTC)

[editar] Imaxe borrada

Por desgraza, vinme na obriga de borrar Imaxe:Katkatunturi.jpg. Ti non fixeches nada mal, o que aconteceu é que a orixe da imaxe era a Wikipedia inglesa e en wp.en carecía de licenza, polo que foi borrada. Consecuentemente tiven que borrala tamén. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 20:27, 27 marzo 2008 (UTC)


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -