Kendo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O kendō (剣道) é un gendai budō, un arte marcial xaponés, no que se utiliza unha armadura (bōgu) e un sable de bambú (shinai). O nome provén do ken: sable e dō: camiño, vía.
Os seus orixes derivan do kenjutsu, arte marcial que se realizaba con katana, o sable xaponés. Debido a cantidade de accidentes que se producían e a que o uso de armas de fogo comenzaba a extenderse, a disciplina derivou cara unha forma de entrenamento incruento. A invención do shinai atribuese a Kamiizumi Hidetsuna, e consta de catro láminas de bambú que se manteñen xuntas mediante distintas pezas de pel.
Dise que o bōgu, ou armadura, foi inventado polo mestre Nakanishi Chuzo de Edo en 1750. As diferentes partes que o compoñen sufriron constantes modificacións a partir da armadura de guerra tradicional da época feudal ata a primera parte do século XIX, para chegar ó uniforme forte e altamente refinado que se utiliza na práctica do kendō moderno.
[editar] Historia
Kendo, "O camiño da espada" expresa a esencia das artes da loita xaponesas. Dende o primeiro goberno samurai en Xapón, durante o periodo Kamakura (1185-1233), esgrimir a espada, xunto coa equitación e o tiro con arco, foron a busca principal dos clans militares. Neste periodo, o kendo desarrollouse baixo unha forte influencia do budismo zen. O samurai podía equiparar a indiferenza pola sua propia vida no fragor da batalla, o cal era considerado necesario para a vitoria nos combates individuales, co concepto budista da natureza ilusoria da distinción entre vida e morte. Dende ese tempo muitos guerreiros foron ilustrados a través da práctica do kendo. Aqueles espadachins estableceron escolas de adestramento do kendo que continuaron durante séculos, e cuxa forma básica de kendo practicase hoxe. Os nomes das escolas reflexan a esencia da ilustración do fundador. Desta maneira Itto-Ryu (escola da espada única) indica a ilustración do fundador que todos os cortes coa espada emanaban e estaban contidos nun corte esencial orixinal. A Muto (escola sen espada) expresaba a comprensión do fundador Yamaoka Tesshu, que dicía "Non hay espada fora da mente" asimismo expresaba o entendemento de que a esencia do kendo trascendía o proceso de pensamento reflexivo.
Os exercicios formais de kendo que se deixaron en algún momento muitos séculos atrás son estudiados hoxe usando espadas de madeira na forma de 'kata'. Nos entrenamentos e nos combates usanse espadas de bambú e sólidas armaduras. Así pois hoxe en día é posible embarcarse na busca da ilustración espiritual seguida polo samurai de antaño. Conceptos como o Mushin ou 'mente vacía' tan expresados expoñentes do zen son a esencia do logro dos altos niveles do kendo. Fudoshin ou 'mente impasible' son conceptos atribuidos á deidade Fudo Myo-O (Acala), un dos cinco 'reis da luz' no budismo shingon, implica que as barreiras non poden ser arrastradas pola desilusión da furia, dúbida, medo e sorpresa presentadas poas accións do oponente.
No 1920, Dai Nippon Butoku Kai (大日本武徳会, promotora da fundación xaponesa de artes marciais) cambiou o nome de Gekiken (撃剣, espada golpeadora) por Kendo
[editar] Graduacións
O nivel dun practicante de kendo midese, como noutras artes, por medio de graduacións. Existen seis kyu (sexto kyu sendo o mais baixo e primeiro kyu o mais alto) e dez dan, o primeiro dan o shodan é o mais baixo e o mais alto que se puede alcanzar por medio de exames é o octavo dan o hachidan. O examen de octavo dan e o examen mais exixente de todos en Xapón, aprobao xeralmente menos dun por cento dos aspirantes (é ainda mais difícil que o exame estatal para converterse en avogado, considerado o mais duro do país).
Os graos do noveno e décimo dan son usados para premiar ou honrar adicionalmente a unha vida de contribución con e para o kendo como arte.
Si ben os kyu exhibense por medio de cinturons de cores en muitas artes marciais (e os dan con cinturón negro), en kendo no hay signos visibles que delaten o grao da persoa. Na sua filosofía a graduación non ten importancia: o relevante e o kendo que o practicante fai.