Espada
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha espada (do latín "spatha", que tamén serviu para denominar á espada romana de cabalaría, que é longa e recta) é unha arma branca de un ou dous fíos que consiste basicamente nunha folla recta cortante, punzante —ou ambas cousas—, con empuñadura, e de certa envergadura ou "marca" (denomínase marca a unha lonxitude de aproximadamente a partir do medio metro). Según a definición estrita non serían espadas os sabres, as katanas, etc.
Nun sentido máis amplo, téndese a entender por espada calquera arma branca de certa envergadura, independentemente do estilo da folla.
O deseño e construción dunha espada poden variar moito. Segundo a lonxitude da folla, da súa forma, dos seus fíos, das empuñaduras, da procedencia, etcétera, reciben un nome ou outro.