John Williams
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
John Towner Williams (Long Island (Nova York), 8 de febreiro de 1932) é un compositor estadounidense premiado varias veces polas súas bandas sonoras.
Amigo de Steven Spielberg, asina case todas as bandas dos seus filmes, tales como Jurassic Park,Jaws, Schindler's List e o recente "Munich". Tamén é socio do cineasta George Lucas, sendo o autor das famosas bandas sonoras das series cinematográficas de éxito Star Wars e Indiana Jones. Outras bandas famosas de autoría de Williams son a dos tres primeiros episodios da serie Harry Potter e a do primeiro filme de Superman protagonizado por Christopher Reeve. Nominado nada menos que 45 veces ao Oscar, foi victorioso com Jaws, E.T., "Star Wars Episodio IV", Schindler's List e Fiddler on the Roof.
É considerado un dos maiores compositores da actualidade.
Ademáis dos seus traballos en música de filmes, é coñecido tamén polas súas obras eruditas e concertos, como: o concerto para fagot e orquestra, o concerto para violoncello e orquestra, o concerto para trompeta e orquestra, o concerto para violín , flauta e orquestra e o concerto para trompa e orquestra.