See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Iceberg - Wikipedia

Iceberg

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Iceberg
Iceberg
Iceberg - Fotomontaxe de como se vería un iceberg enteiro baixo a auga
Iceberg - Fotomontaxe de como se vería un iceberg enteiro baixo a auga

Un iceberg ou témpano de xeo é unha illa de xeo procedente da fragmentación de xeo polar, que sempre procede dos continentes e que é arrastrada cara a latitudes máis baixas, ás veces axudadas polas correntes mariñas frías de orixe ártica, como é o caso da Corrente do Labrador ou de Groenlandia. Dun iceberg sobresae da auga só unha oitava parte o seu volume total, polo que estas masas xélidas constitúen un perigo para a navegación, xa que poden acadar dimensións enormes.

Índice

[editar] Orixe

O xeo que forma os icebergs está formado por auga salgada ao contrario do que se adoita pensar, xa que se cre que o sal é un anticonxelante, pero non é asi é só un retardador da conxelacion e fai que a auga se conxele a uns -1 graos celsius(por iso se esparce en estradas), aínda que o sal sexa un bo retardador da conxgelacion non serve de nada contra os -20 graos celsius que se dan no artico e o antartico. Os icebergs proceden dos glaciares que chegan á costa e rompen en grandes bloques que son despois arrastrados polas correntes, a miúdo ata latitudes bastante baixas. O exemplo máis coñecido é que o afundimento do Titanic, produciuse cando xa se atopaba preto das costas de Nova Inglaterra debido a que a Corrente do Labrador adoita arrastrar os icebergs ata as latitudes dos Bancos de Terranova e aínda máis baixas, ata o punto de encontro coa Corrente do Golfo. Se observamos nun mapa o límite sur dos xeos flotantes no Atlántico Norte poderemos comprobar que presenta unha indentación cara ao sur xunto a América do Norte e outra cara ao norte xunto ás costas europeas.En outubro de 1999, un iceberg do tamaño de Londres desprendeuse da barreira de xeo Antártica.

Estas illas de xeo existen grazas a unha propiedade notable da auga: na súa forma sólida, ten menor densidade que en estado líquido. Se non fose este o caso, o xeo acumularíase no fondo dos océanos e non nas súas superficies.

Tamén o xeo é unha excepción no mundo dos elementos, e débese a que a molécula da auga (H2O), está polarizada eléctricamente - O átomo de osíxeno atrae máis aos electróns que os átomos de hidróxeno - o que impón ao xeo unha estrutura de tipo cristalino (polo xogo da atracción e da repulsión eléctrica) que ten menos densidade que se fose un sólido amorfo.

O afundimento máis famoso debido a unha colisión cun iceberg foi a destrución do Titanic o 14 de abril de 1912.

[editar] Etimoloxía

Este termo é unha palabra composta, na que berg significa montaña en varias linguas xermánicas (salvo o inglés) e a palabra ice (xeo) que procede do inglés (tamén eis en alemán, ijs en holandés, etc., son palabras que se pronuncian todas /ais/ e tamén significan xeo). Un iceberg é polo tanto unha montaña de xeo.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -