Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Homo rudolfensis é unha especie fósil do xénero Homo descuberta por Bernard Ngeneo, membro do equipo dirixido por Richard Leakey e Meave Leakey en 1972 en Koobi Fora na beira leste do Lago Turkana, Quenia; o nome científico propúxoo en 1986 V. P. Alexeev.
Ao se descubrir, coñecido como Cranio 1470, pensouse que era membro da especie Homo habilis, o seu descubrimento orixinou un debate científico, xa que fora datado en 3 millóns de anos, o cal causou moita confusión, xa que o facía máis antigo que calquera australopithecus coñecido, medicións posteriores rebaixaron a súa idade ata 1.9 millóns de anos pero a aparición do fósil UR 501 deixou a antigüídade da especie en 2.3 millóns de anos, contemporáneo en todo caso do Homo habilis, diferenciándose deste por una cara máis plana e ampla, uns dentes poscaninos máis amplos e unhas raíces e coroas máis complexas e esmalte máis groso.