See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Hipólito Yrigoyen - Wikipedia

Hipólito Yrigoyen

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Hipólito Yrigoyen
presidente de (país): Arxentina
1º Período de goberno: 12 de outubro de 1928 - 12 de outubro de 1922
Predecesor: Victorino de la Plaza
Sucesor: Marcelo Torcuato de Alvear
2º Período de goberno: 12 de outubro de 1928 - 6 de setembro de 1930
Predecesor: Marcelo Torcuato de Alvear
Sucesor: José Félix Uriburu
Nado en: 12 de xullo de 1852
Lugar de nacemento: Buenos Aires, Arxentina
Faleceu en: 3 de xullo de 1933
Lugar: Buenos Aires, Arxentina
Profesión: profesor
Partido politico Unión Cívica Radical - UCR

Juan Hipólito del Sagrado Corazón de Jesús Irigoyen Alem, tamén coñecido como Hipólito Yrigoyen, avogado (1852-1933) foi o presidente da Arxentina en dúas ocasións: entre 1916 e 1922, e entre 1928 e 1930.

Índice

[editar] Biografía

Nado na cidade de Bos Aires, fillo do basco francés Martín Irigoyen e de Marcelina Alem, irmá do político Leandro M. Alem, fundador da Unión Cívica Radical (UCR).

Yrigoyen gradouse en Dereito pola Universidade de Bos Aires o 1878, exercendo a súa profesión na oficina de Leandro Alem e de Aristóbulo del Valle. Foi eleito deputado pola Provincia de Bos Aires o 1880.

Despois do suicidio de seu tío Leandro Alem, Yrigoyen tornouse líder da UCR. Asumiu como política a intransixéncia, unha postura de oposición ó rexime coñecido como concordancia, que establecia, mediante fraude eleitoral, a alternancia no poder entre distintos sectores conservadores. O seu celo levou o partido á loita armada en 1893 e 1905. Máis tarde, orienta a súa forma de acción non violenta mediante a abstención revolucionaria. Sua loita termina coa promulgación da Lei Sáenz Peña, que estableceu o voto obrigatorio, secreto e universal (aínda que non incluise as mulleres).

Era coñecido como O Peludo por seu carácter pouco sociábel e introvertido. Filosóficamente ten sido asociado co krausismo español.

[editar] Primeira presidencia (1916-1922)

O impulso inicial da conquista dos dereitos democráticos vese freado ao non controlar o Senado e tamén o goberno de moitas provincias. Yrigoyen recorre entón á intervención federal nas provincias, aprofundando o enfrentamento cos sectores conservadores.

Economicamente a Arxentina beneficíase da Primeira Guerra Mundial, coa apertura dos mercados aos seus productos primarios (carne e cereais) que eran a base de súa riqueza. A Arxentina era coñecida como o celeiro do mundo e tiña un dos máis altos PIB por habitante.

A pesar de súas medidas de caracter social, como o descanso remunerado ós domingos, por acción ou omisión deixou que sectores militares reprimisen os movimentos dos traballadores e das minorías.

Ao non ser reeleito conforme decisión constitucional, foi succedido por Marcelo Torcuato de Alvear, líder da facción antipersonalista de seu partido.

[editar] Segundo presidencia (1928-1930)

Ao ser reeleito, Yrigoyen xa encontrabase idoso e estava rodeado de accesores que, ao lle falaren das oposicións socialista e conservadora, ocultavan a realidade, filtrando así o acceso ao que acontecía no país e no mundo (era coñecido como o Diario de Yrigoyen).

A situación económica tornouse grave cos primeiros sinais da Grande Depresión, e os sectores do exército simpatizantes do fascismo e os intelectuais, como Leopoldo Lugones, conspiraban abertamente por unha mudanza do rexime.

Finalmente, o 6 de setembro de 1930 Yrigoyen foi deposto por un golpe militar dado por José Félix Uriburu.

[editar] Últimos anos

Despois de súa deposición, Yrigoyen foi detido e confinado na Illa de Martín García. Faleceu en Buenos Aires a 3 de xullo de 1933. O seu funeral foi acompañado por unha enorme multidón.


presidentes de Arxentina

Segue a:
Victorino de la Plaza
Hipólito Yrigoyen
Precede a:
Marcelo Torcuato de Alvear
Unión Cívica Radical - UCR
presidentes de Arxentina

Segue a:
Marcelo Torcuato de Alvear
Hipólito Yrigoyen
Precede a:
José Félix Uriburu
Unión Cívica Radical - UCR


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -