Heroína (película)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Heroína | |
---|---|
Título orixinal | Heroína |
[[Imaxe:|200px| ]] |
|
Ficha técnica | |
Director | Gerardo Herrero |
Produtor | |
Guión | |
Intérpretes | Adriana Ozores, Javier Pereira, Carlos Blanco, María Bouzas, Mercedes Castro, Rosa Álvarez, Miguel Borines, Camila Bossa, Miguel Bua, César Cambeiro, Tamara Canosa, Estela Freire, Luis Iglesia, Luisa Merelas, Jacobo Prieto, Mario Roldán, Carlos Sante, Laura Silva, Lois Soaxe, Alfonso Agra, Benito Alonso, Tomás Alonso, Mayka Braña, Alberte Cabarcos, Tirso do Campo, Paco Campos, María Castro, Miguel Condal, Santi Cortegoso, Suso Cortegoso, Dani Curras, Santiago Fernandez, Alejandro Garrido, Andrés Giráldez, Avelino González, Luís Iglesia, Juan Juste, Isabel López, Vicente Montoto, Pablo Moreiras, Fran Paredes, Cándido Pazó, Pablo Puga, Salvador del Río, Carlos Rodríguez, Gloria San Pedro, Ana Santos, Paulo Serantes, Pepo Suevos, Tanas, Jorge Torres, Antonio Travieso, Nuncy Valcárcel, Víctor Vázquez, Marcos Vieitez, Mundo Villalustre |
Música | |
Director de Fotografía | |
Montaxe | |
Distribuidor | |
Ano | 6 de maio de 2005 |
Duración | |
País | España |
Xénero | drama |
Orzamento | |
Filme anterior | |
Filme seguinte | |
Ficha en IMDb |
Heroína é unha película de Gerardo Herrero, coprodución galega estreada en 2005 e baseada na historia e na figura de Carmen Avendaño, unha das nais fundadoras do movemento Érguete de loita contra a droga e o narcotráfico en Galicia.
Adriana Ozores, que foi nominada ó Goya a mellor actriz protagonista por este papel, encabeza un reparto que se completa con multitude de caras coñecidas do panorama do audiovisual galego.
[editar] Argumento
A acción está ambientada en Galicia nos anos oitenta. Pilar (Adriana Ozores) é unha muller normal que un día descobre que un fillo dela é adicto á heroína. Arredor de Pilar outros moitos pais estanse encontrando co mesmo problema. Cando comezan a reunirse, a incertidume vaise transformando nunha vontade firme de denunciar a impunidade do narcotráfico nas nosas vilas.