Hemisferio sur
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O hemisferio sur, hemisferio austral ou hemisferio meridional é a metade da Terra ao sur do ecuador.
A meirande parte do Hemisferio corresponde a océanos, que inclúe a maior parte do Pacífico e do Índico, a totalidade o Océano Glacial Antártico e a metade meridional do Atlántico. As masas terrestres concéntranse principalmente no continente antártico, en Sudamérica, a parte austral de África, Australia e algunhas illas de Oceanía.
As estacións sucédense de forma inversa ó Hemisferio norte. O verán exténdese entre decembro e marzo, mentres o inverno faino entre xuño e setembro. Preto do 10% da poboación mundial habita neste hemisferio (sendo destacada a poboación de Brasil).
Hemisferios da Terra |
---|
Hemisferio norte • Hemisferio sur • Hemisferio occidental • Hemisferio oriental |