Guy Fawkes
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Guy Fawkes (York, 1570 - 31 de xaneiro de 1606) foi un conspirador inglés, fillo dun notario de York, que serviu no exército español dos Países Baixos.
Ao voltar ao seu país formou parte dunha conspiración dirixida por Catesby e Percy, co obxectivo de facer voar o Parlamento mediante explosivos situados na base do edificio, e que Fawkes tiña que facer estoupar cando os parlamentarios estivesen reunidos.
Arrestado o 5 de novembro de 1605, declarou que quería dinamitar o Parlamento para acabar coas persecucións relixiosas. Negouse a denunciar os seus cómplices e subiu ao cadalso con afouteza.
Desde entón, o 5 de novembro, celébrase en toda Inglaterra a Bonfire Night (a noite das fogueiras) onde se simula que se queima a Guy Fawkes.
Na súa persoa está baseado V, o home enmascarado do cómic V de Vendetta creado por Alan Moore.