See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Gustav Kirchhoff - Wikipedia

Gustav Kirchhoff

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Gustav Robert Kirchhoff
Gustav Robert Kirchhoff

Gustav Robert Kirchhoff (12 de marzo de 1824 - 17 de outubro de 1887) foi un físico alemán cuxas principais contribucións científicas estiveron no campo dos circuítos eléctricos, a espectroscopia e a emisión de radiación dos corpos negros. Kirchoff propuso o nome de radiación do corpo negro en 1862. É responsable dos conxuntos de leis fundamentais na teoría clásica de circuítos eléctricos e na emisión térmica. Aínda que ambas se denominan Leis de Kirchhoff, probablemente esta denominación é máis común no caso das Leis de Kirchhoff da enxeñería eléctrica.

Gustav Kirchhoff naceu en Königsberg, Prusia (actualmente Kaliningrado, Rusia). Era fillo de Friedrich Kirchhoff (avogado) e Johanna Henriette. Graduouse na Universidade Albertus de Königsberg en 1847 e casou con Clara Richelot, filla de Friedrich Richelot, un dos seus profesores de matemáticas. Aquel mesmo ano trasladáronse a Berlín onde permaneceu ata que lle outorgaron unha praza de catedrático en Breslau (na actualidade Wroclaw) onde traballou entre 1850 e 1854 para trasladarse posteriormente á Universidade de Heidelberg e anos máis tarde á Universidade de Berlín. En 1886 o empeoramento da súa saúde obrigouno a retirarse falecendo un ano máis tarde.

Kirchoff formulou a súa lei da voltaxe para a análise de circuítos en 1845 sendo aínda un estudante. Propuxo a súa lei de emisión de radiación térmica en 1859 proporcionando probas dela en 1861. En Breslau colaborou en traballos sobre espectroscopía con Bunsen sendo codescubridor xunto a el dos elementos cesio e rubidio en 1861 estudando a composición química do sol a través do seu espectro.

Máis adiante propuxo as tres leis empíricas que describen a emisión de luz por obxectos incandescentes:

  • Un obxecto sólido quente produce luz nun espectro continuo.
  • Un gas tenue produce luz con liñas espectrais en lonxitudes de onda discretas que dependen da composición química do gas.
  • Un obxecto sólido a alta temperatura rodeado dun gas tenue a temperaturas inferiores produce luz nun espectro continuo con focos en lonxitudes de onda discretas cuxas posicións dependen da composición química do gas.

A existencia destas leis discretas foron explicadas máis tarde por Niels Bohr contribuíndo decisivamente ao nacemento da mecánica cuántica.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -