See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Goma arábiga - Wikipedia

Goma arábiga

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A goma arábiga (denominado E-414 na industria alimenticia dentro dos Números E e acacia gum segúndo a lista de aditivos da Unión Europea) é un polisacárido de orixe natural, extraese da resina de árbores sub-saharianos (Acacia senegal e Acacia seyal) como parte do proceso de cicatrización destes, coñecido como gummosis. Esta resina de cor ámbar recolleitase normalmente a man unha vez seca.

Índice

[editar] Producción

A goma arábiga é unha sustancia producida polas acacias para cerrar as suas feridas e evitar desta maneira a entrada de xermes, e outros axentes infecciosos. Para provocar a sua producción adóitanse producir cortes lonxitudinais paralelos e pouco profundos de 40 - 60 cm. Outros métodos marcan cadrados ou otras formas na corteza. A cantidade obtida varía moito entre as árbores (100 - 2000 g por árbore) con unha media aproximada de 250 g por árbore.

No mercado internacional gástanse unhas 45.000 t anuais (ano 2000) de goma arábiga.

[editar] Historia

Xa os exipcios a empregaban no proceso da momificación e da elaboración de algúns cosméticos e perfumes. Tras caer no esquecemento foi redescuberta por navegantes europeos no século XV na África subsahariana. Incluso foi causa da "Guerra da Goma" no século XVIII, trala cal Francia se quedou co monopolio para o mercado europeo.

Hoxe en día a maior parte emprégase na industria alimentaria para fixar aromas, estabilizar escumas e emulsións, modificar a consistencia de alimentos ou clarificar viños. Tamén se emprega na fabricación dalgúns medicamentos.

Ao non coñecerse ningún efecto tóxico non hai límites establecidos.

Tamén se emprega na elaboración de tinturas.

A goma arábiga é incluida na composición de grisallas para decorar vidros. Nelas cumpre unha función de aglutinante e xera condicións atmosféricas adecuadas durante a sua combustión no tratamento térmico da peza.

[editar] Composición e propiedades

Químicamente trátase dun polisacárido con cantidades variables de D-galactosa, L-arabinosa, L-ramnosa e algúns ácidos derivados coma o ácido D-glucorónico ou o 4-O-metil-D-ácido glucorónico.

Trátase dunha sustancia de cor que vai de amarelo a pardo, inflamable anque cun elevado punto de inflamación (>250 ºC), boa solubilidade en auga (aprox. 500 g/l) e cun LD50 > 16.000 mg/kg en ratas.

[editar] Aplicacións técnicas

No século XIX elaboróse un procedemento de impresión baseado na goma arábiga modificada con cromatos. Esta mestura é sensible á luz e permite reproduccións case fotográficas. Sen embargo quedou en desuso.

A goma arábiga tamén se hacha nalgúns pegamentos, por exemplo os empregados antigamente en selos e sobres postais.

A goma arábiga atópase entre os ingredentes dalgúns caramelos masticables (p. ex.: mentos).

A goma arábiga é tamén moi empregada nos cortes dalgunhas drogas ilegais, para así sacarlles un maior rendemento económico. Un exemplo pode ser o hachís de baixa calidade, onde se mestura goma arábiga co propio cannabis.

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -