Goiriz, Vilalba
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Santiago de Goiriz é unha parroquia do concello de Vilalba.
En 1991 contaba con 857 habitantes repartidos entre as entidades de: Acibeiro, Balsa, Barbeitas, Bidueiros, Broz, Caxigal, Campo do Cristo, Cancela, Carballeira, Carballo, Carral, Casanova, Casas Novas, Casilla, Castro, Cendán, Currás, Chozas, Fabás, Fontao, Fontoira, Fra, Gocendre, Gomariz, Graduín, Igresario, Lagoela, Lamela, Liñares, Lodeiro, Lousada, Mámoa, Orbazán, Outeiro, Pígara, Reguengo, Riba de Vilar, Santo Adriano, Santa Comba, Touzás, Tronco, Uceira e Ver.
Está dividida en cinco roldas, creadas polos veciños para a organización das festas, as que veñen a seguir:
A rolda de Trece, no limite do concello, a de Bidueiros, na marxe esquerda cara Asturias, a Ribeira, Tarrio e Medios Aneiros. Touzás é un lugar da rolda da Ribeira; ten 11 casas e uns 30 veciños.
[editar] Patrimonio histórico e artístico
Arquitectonicamente é de salientar a igrexa parroquial e o seu cemiterio. Na igrexa, unha inscripción alude ó dereito a refuxio ós perseguidos pola lei, e o Pazo de Cazás que pertenceu á familia de Quirós Baamonde Freire de Andrade e Taibo.