Giovanni Battista Pergolesi
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Giovanni Battista Pergolesi (Jesi, 4 de xaneiro de 1710 - Pozzuoli, 16 de marzo de 1736), foi un dos máis importantes compositores de ópera buffa e de música sacra da época barroca, alén de violinista e organista.
Fillo de Francesco Andrea Draghi-Pergolesi, topógrafo e vencellado coa nobreza local, a súa posición económica permitiu que o fillo puidera recibir unha educación musical a cargo do maestro de capela da catedral, grazas á influencia do marqués de Pianetti logrou entrar no prestixioso Conservatorio dei poveri di Gesù Cristo en Nápoles en 1722, alí estudou composición con algún dos grandes da escola musical napolitana como Gaetano Greco, Leonardo Vinci e Francesco Durante. En 1731 compuxo para o exame final dos seus estudos musicais o drama sacro La conversione di San Guglielmo. Tras saír do conservatorio Pergolesi realiza a súa primeira ópera seria, Salustia, nun estilo conservador estreouse en xaneiro de 1732 con escaso éxito. O príncipe Ferdinando Colonne Stigliano nomeao o seu mestre de capela nese ano e ponse a traballar na súa seguinte obra, Lo frate 'nnamorato, ópera buffa con libreto de Gennaro Antonio Federico en lingua napolitana, a obra convírtese nun éxito extraordinario tras o seu estreo en setembro de 1732; O tráxico terremoto que sufriu a cidade nese inverno levou a Pergolesi a compoñer misas e salmos, neste campo a Messa in fa maggiore (1734), composta polo kyrie e o o gloria seguindo a tradición napolitana, unha das súas obras máis logradas.
Con ocasion do aniversario da emperatriz María Cristina estrea Il prigionier superbo, drama musical en tres actos, que tivo éxito grazas ao seu intermedio buffo La serva padrona.
O 10 de maio de 1734 Carlos de Borbón, o futuro Carlos III conquistou Nápoles e gran parte da aristocracia local a causa da guerra buscara refuxio en Roma, Pergolesi tamén estableceu a súa residencia nesa cidade ao servizo do duque de Maddaloni. En 1735 estreou L'Olimpiade, cunha linguaxe delicada e idílica, cheo de melodías íntimas. Xa delicado de saúde en 1736 compuxo o Stabat Mater .