Ghugli
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un ghugli é unha froita híbrida do grupo dos cítricos. Crese que é un híbrido entre toronxa e mandarina, aínda que outras fontes apuntan a que é un híbrido entre mandarina e pomelo. No primeiro caso, o seu nome científico sería Citrus reticulata x Citrus paradisi. Tamén se lle chama froita única. A froita é orixinaria de Xamaica, e a cidade onde primeiro se produciu é Brown's Town en 1924. Alí a atopou unha familia chamada Sharp, medrando brava.
Índice |
[editar] Como é?
O ghugli é moi semellante a un pomelo, pero lixeiramente máis grande, e cunha forma menos definida: mentres a laranxa ou o pomelo son esféricos ou xeoides, a grosa carapa do ghugli fai que a súa forma sexa máis "imperfecta". A súa monda é, como dixemos, moi grosa, rugosa, e dunha cor verde ou amarela. Coma o resto dos cítricos, o interior está recuberto dunha película branca, que garda no interior unha serie dunha ducia de seccións independentes pero ligadas, de cor laranxa. O seu sabor é máis ben doce, coma o da mandarina.
[editar] Produción e distribución
O ghugli é unha froita estacional, que se produce de decembro a abril, e que se distribíe tanto a Norteamérica como a Europa. UGLI® é unha marca rexistrada por Cabel Hall Citrus Ltd., que se usa en boa parte do mundo como nome da froita.
[editar] Curiosidades
Os anglofalantes dos Estados Unidos e do Reino Unido pronuncian a palabra sen aspiración, pero os xamaicanos pronuncian /ˈhu.ɡli/, de xeito similar á nosa gheada.