Gas de envasado
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un gas de envasado é un gas empregado para envasar materiais que poden deteriorarse en atmósfera modificada. Xeralmente son gases inertes, ou dun tipo específico que protexa o produto envasado.
Para envasar comida empreganse algúns gases aprobados (os seus números E indícanse entre paréntesis):
- Argon (E938), para produtos enlatados.
- Helio (E939), para produtos enlatados.
- Nitróxeno (E941).
- Osíxeno, para envasar verduras e outros produtos vexetais.
- Hidróxeno (E949).
- Dióxido de carbono (E290), tamén se emprega como propelente.
Algúns tipos específicos de gas para envasado son os propelentes:
- Diclorodifluorometano, un CFC perigoso (E940), empregado en raras ocasións.
- Óxido nitroso (E942), emprégase como propelente para botes de nata.
- Butano (E943a), moi usado en produtos cosméticos e insecticidas.
- Isobutano (E943b).
- Propano