García de Galicia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
García I de Galiza (1042–1090) foi un rei galego.
Fillo de Fernando I, herdou o Reino de Galiza, o condado de Portugal e a protección e parias de Badaxoz e Sevilla. Educouse desde 1053 co bispo Cresconio de Compostela, Sánchez Candeira vencella este feito á futura repartición do reino, pois os seus tres fillos educaronse nas terras que despois herdarían (non foi até 1063 que se fixo público o reparto[1]. Aínda asi, García seguiu estando presente na corte, como o testemuñan os diplomas que asinou (en 1056, 1061 e 1063). Unha das mencións do rei García é no relato da viaxe dun grupo de peregrinos de Liexa[2] en 1056 que foron recibidos polo infante e o bispo Cresconio.
Existe a crenza de que estableceu a capital do seu reino en Ribadavia, na comarca do Ribeiro, que non está apoiada polas fontes medievais[3].
Tanto en Galiza como no condado de Portugal o rei tiña que contar cunha forza política moi grande dos nobres e sobre todo dos bispos, en quen García I quixo fundamentar o seu goberno. No seu reino tiñan as sedes de Lugo, Compostela ou Iria, moi forte polas peregrinacións á tumba do Apóstolo Santiago, máis as de Mondoñedo, Porto e Ourense. García I restableceu as de Braga e Tui, así como as de Lamego e Viseu, que foron absorbidas axiña pola de Coimbra. Favoreceu ao mosteiro de Santo Antoíño de Toques
Pero García I apenas tivo tempo de gobernar. A morte do bispo de Compostela Cresconio veu alterar a estabilidade da vida política galega á que contribuíra o defunto durante os trinta anos de mandato episcopal. O seu herdeiro foi asasinado o ano seguinte e García tivo dificultades cos nobres portugueses, e con algúns deles tivo que loitar ate derrotalos en Pedrosa, ao norte de Braga, e ás familias que non lle deron o seu apoio privounas dos seus bens.
Nobres e eclesiásticos galegos non tardaron en acudir a León e Afonso VI non tivo dificultade nin resistencia cando entrou en Galiza en xuño do 1071 e expulsou a García I, quen se debeu refuxiar no sur do seu reino, próximo ao apoio que poderían prestarlle os reis de Badaxoz e Sevilla.
No 1072, García voltará a Coimbra mediado o mes de novembro e viaxou a León entrado o novo ano, chamado por seu irmán. Pero foi preso o 13 de febreiro do 1073 e pechado no castelo de Luna, en plena montaña leonesa de Babia. Alí permaneceu até o seu pasamento en marzo do 1090.
Reino de Galiza | ||
---|---|---|
Segue a: Fernando I |
García de Galicia | Precede a: Afonso VI |
Navarra |
[editar] Referencias
[editar] Bibliografía
- PORTELA SILVA, ERMELINDO:García II de Galicia: El rey y el reino (1065-1090). La Olmeda, 2001 ISBN:84-89915-16-4