See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Ganso sangano - Wikipedia

Ganso sangano

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Ganso sangano
Estado de conservación
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Xénero: Branta
Nome científico
Branta leucopsis
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O ganso sangano (Branta leucopsis), é unha das especies de gansos do xéro Branta , diferenciadas dos gansos do xénero Anser pola plumaxe maioritariamente negra.

Índice

[editar] Descrición

O ganso sangano é un ganso de tamaño medio, de entre 58 e 69 cm. de lonxitude e cun peso de entre 1,5 e 2 quilos. Ten a cabeza, o pescozo e a parte superior do peito negros. A cara é branca, o mesmo cá barriga. As alas e o lombo son de cor gris pratexada, con barras brancas e negras. Cando voan amosan a parte inferior das las de cor gris prata e unha mancha btanca en forma de V na base da cola. O peteiro é negro.

[editar] Distribución

É unha ave da zona paleártica. Diferéncianse tres poboacións segundo as respectivas áreas de cría:

Algunhas aves fuxidas de zoos crían tamén noutros países do norte de Europa, e algúns exemplares aparecen esporadicamente en Norteamérica.

[editar] Comportamento

Son aves migratorias que deixa as zonas árticas no inverno para desprazarse cara ó sur. As súas rutas migratorias non están fixadas xeneticamente, senón que se comunican entre os individuos de cada unha das poboacións..Fora da época de cortexo e de cría, viven en grandes bandos. Forman parellas moi estables, aínda que en caso de morte dun dos membros o sobrevivente procura outro. A época reprodutora comeza a finais de maio ou primeiros de xuño. Poñen de 4 a 6 ovos. Os polos rompen a casca despois de 24 ou 25 días de incubación.. En xeral, crían en colonias en acantilados que só poden ser acádaos voando. Isto, que permite a protección perante os depredadores, supón unha dificultade para as crías, que para buscar alimento teñen que deixarse caer da área do niño, o que, malia o seu pouco peso e as súas plumas, provoca unha alta mortalidade..

Bando durante a migración do outono
Bando durante a migración do outono

A miúdo os seus bandos mestúranse cos doutras especies de gansos. Cando voan emiten unha especie de "gek gek gek". A voz dos grandes bandos recorda de lonxe o ladrar dos cans.

[editar] Alimentación

Viven sobre todo de herbas curtas, especialmente as que medran en áreas salobres.

[editar] Status

Nos anos 1950 estiveron ameazados, pero dende entón as súas poboacións recuperáronse, e arestora calcúlanse nuns 440.000 individuos: É unha das especies incluída no Acordo para a conservación das aves acuáticas migratorias de África e Eurasia (AEWA).

[editar] Bibliografía

  • Black, Jeff, Jouke Prop & Kjell Larsson (2007): Wild Goose dilemma. - Branta press, Groningen.
  • Bergmann, Hans-Heiner, Helmut Kruckenberg & Volkhard Wille (2006): Wilde Gänse - Reisende zwischen Wildnis und Weideland, G. Braun Verlag, Karlsruhe
  • Madsen, J., G. Cracknell & Tony Fox (1999): Goose Populations of the Western Palearctic, Wetlands International, Wageningen.
  • Erich Rutschke: Wildgänse, Lebensweise - Schutz - Nutzung, Berlin: Parey, 1997

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -