Gabriele d'Annunzio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Gabriele d'Annunzio (Francavilla al Mare, Pescara 1863 - Gardane Riviera 1938), escritor italiano, precursor do fascismo.
Gabriele d'Annunzio naceu co nome de Gaetano Rapagnetta, fillo dun rico comerciante, xa dende moi novo deu mostras do seu talento literario, publicou aos dezaseis anos (1879) o seu primeiro poemario, Primo vere. En 1881 entrou na Universidade de Roma, onde integrou varios grupos literarios e escribiu artigos e críticas nos xornais locais. En 1889 publica a súa primeira novela Il piacere.
En 1897 d'Annunzio entra na Cámara dos deputados como independente,. En 1910 marcha a Francia para escapar das fortes débedas contraídas polo seu estilo de vida. Colabora con Claude Debussy na comedia musical Le martyre de Saint Sébastien (1911). Durante a Primeira Guerra Mundial loitou como aviador e perdeu un ollo en combate aéreo. Ao rematar a guerra ocupou a cidade de Fiume (1919) á fronte dun grupo de voluntarios para propiciar a súa integración en Italia, diante a negativa dos aliados (Francia, Gran Bretaña e Estados Unidos) declarouse Duce e proclamou a independencia de Fiume (Rexencia italiana da Carnaro), cunha Constitución que é un precedente do fascismo italiano, e mantívose na cidade ata que a armada italiana bombardeu a cidade en decembro de 1920. Despois de triunfar o fascismo en Italia, en 1924 recibiu o título de príncipe de Montenevoso, aínda que Gabriele d'Annunzio non participou na política de Benito Mussolini, tivo unha grande influencia na súa ideoloxía. Pouco antes da súa morte a Real Academia Italiana elixiuno como o seu presidente.