Gabeador
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Gabeador norteño | ||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación Científica | ||||||||||
|
||||||||||
Xéneros | ||||||||||
Certhia Salpornis |
Gabeador é o nome vulgar aplicado xenerícamente as aves passeriformes da familia Certhidae, formada pols xéneros Certhia e Salpornis. Os gabeadores típicos son todos de aspecto moi semellante, e non é doado diferenciar as diferentes especies. Son aves pequenas que viven en hábitats boscosos coa pluaxe da parte superior do corpo parda e a da inferior branca. Teñen bicos finos e curvados cara abaixo, que usan para extraer insectos da casca das árbores. Na cola teñen unas plumas moi tesas que usan, ó xeito dos petos, para suxeitarse en árbores verticais.
Fan os niños en fendas dos troncos ou entre o casqueiro das árbores.
[editar] Taxonomía
Segundo as investigacións máis recentes, que teñen en conta estudios das secuencias de ADN e da estructura do canto (Tietze et al., 2006), recoñécense as seguintes especies de gabeadores:
- Gabeador norteño, Certhia familiaris
- Gabeador de Hodgson, Certhia hodgsoni
- Gabeador americano, Certhia americana
- Gabeador común, Certhia brachydactyla
- Gabeador dp Himalaia, Certhia himalayana
- Gabeador do Sichuan, Certhia tianquanensis
- Gabeador do Nepal, Certhia nipalensis
- Gabeador de Sikkim, Certhia discolor
- Gabeador de Manipur, Certhia manipurensis
- Gabeador manchado, Salpornis spilonotus
Estas especies forman dúas líneas evolutivas. As primeiras catro son o resultado dunha irradiación holártica, mentres que o resto de especies do xénero Certhia están distribuídas nunha área ó sur e o leste do Himalaia, sendo o gabeador de Hodgson's o único representante do antigo antecesor do gabeador común presente ó sur destes montes.
A especie Salpornis spilonotus, de plumaxe manchada que a distingue claramente do resto da familia, vive na África subsahariana e no norte da India.
[editar] Referencias
- Tietze, Dieter Thomas; Martens, Jochen & Sun, Yue-Hua (2006): Molecular phylogeny of treecreepers (Certhia) detects hidden diversity. Ibis journal 148(3): 477-488
[editar] Ligazóns externas
- [http://ibc.hbw.com/ibc/phtml/familia.phtml?idFamilia=162 Videos sobre gabeadores na Internet Bird Collection