See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Friends - Wikipedia

Friends

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Friends é unha serie de televisión estadounidense, creada por Marta Kauffman e David Crane emitida por vez primeira o 22 de setembro de 1994 na cadea NBC. Trata sobre a vida dun grupo de mozos (Rachel, Ross, Chandler, Phoebe, Joey e Monica) residentes en Nova York que queren pasalo o mellor posible. Sucédense tanto bos como malos momentos pero cunha crítica cómica ós temas máis transcendentais da actualidade. Inmediatamente despois do éxito no seu país, comezou a súa difusión por todo o mundo con similares resultados.

A serie está composta de dez tempadas duns 24 capítulos cada unha. Unha vez finalizada ródase Joey, un spin off sobre a vida do personaxe homónimo nos Ánxeles.

[editar] Personaxes

  • Rachel Karen Green (Jennifer Aniston): É a menor do grupo, e amiga de Monica desde a infancia. Filla do doutor Leonard Green e Sandra Green (actualmente divorciados), pasou toda a súa nenez sendo consentida, por ser filla de pais ricos. Ten dúas irmás, Jill e Amy, tan consentidas coma ela. Na primeira tempada, decide abandonar a súa boa vida e dedicarse a traballar para gañar o seu soldo. Aínda así, ás veces sáelle a nena consentida que leva no seu interior. É estremadamente patosa e torpe, e é incapaz de concentrarse en algo que non lle interese.
  • Monica E. Geller (Courteney Cox Arquette): É a irmá de Ross, vive no apartamento da súa avoa. De pequena era obesa pero adelgazou na súa adolescencia cando Chandler a chamou gorda. Perdeu os seus quilos, pero non a súa paixón pola comida. Monica caracterízase pola súa obsesión pola orde e a limpeza, é capaz de perder o control se un almohadón non está no lugar correcto. Tamén é sumamente competitiva. Todo o que teña relación con puntos, marcas ou superación, tómao como algo persoal, e só pensa en gañar a calquera prezo. A maioría de festas ou ceas especiais realízanse no seu apartamento, xa que é unha grande anfitrioa, non só polas súas grandes calidades como cociñeira (oficio co cal gaña a vida nun restaurante) senón porque "compite" con ela mesma para facelo cada vez mellor.
  • Phoebe Buffay (Lisa Kudrow): É a máis distraída do grupo. Tamén é quen tivo a infancia máis dura. A súa nai biolóxica abandonounas a ela e á súa irmá xemelga, Ursula, con quen non se fala, e a súa nai adoptiva suicidouse cando elas eran adolescentes. Ademais, o seu pai biolóxico abandonounas e o seu padrasto foi a prisión, polo que acabou vivindo na rúa. É un pouco chiflada e rara e non dubida en demostralo. Considera normais cousas que os demais ven de tolos. A pesar de ter que vivir na rúa roubando e vagabundeando, é moi inocente, e sobre todo, moi cariñosa cos seus amigos. É vexetariana, e ama a todo ser vivente e, ata, a seres non viventes. A pesar disto é unha grande amiga e esta sempre ahi cando os seus amigos a necesitan.
  • Joseph "Joey" Francis Tribbiani (Matt LeBlanc): É o menos intelixente do grupo e sempre tarda en entender todo o que lle din. Gaña a vida como actor aínda que ás veces está no cume, e acto seguido só pode protagonizar anuncios. É fanático dos Knicks e considera inimigo a todo aquel que non estea de acordo con el. É tamén, dos tres mozos, o que máis sabe de mulleres. Dise que unha vez desabrochó o sujetador dunha muller con só miralo. Gústanlle líguelos dunha noite, deitándose con calquera muller que lle atraia. Do mesmo xeito que Monica, adora a comida, aínda que el non é tan refinado á hora para comer, xa que come todo o que se atopa, estea caducado, podrecido ou tirado polo chan.
Matthew Perry
Matthew Perry
  • Chandler Muriel Bing (Matthew Perry): É o sarcástico do grupo. Esta forma de ser naceulle como unha resposta ó trauma que lle causou a separación dos seus pais ós dez anos, porque o seu pai era homosexual. Desde entón, usa o sarcasmo e a ironía para rirse de todos e de todo. Ten a tendencia a crer que todo o mundo o considera gay (pola influencia paterna), atributo que el se esforza en negar constantemente. De feito, e para que non se poña en dúbida a súa hombría, sempre intenta facer "cousas de homes", aínda que non lle apetezan en absoluto. Odia o día de acción de grazas, xa que foi nese día cando se decatou de que o seu pai se entendía co criado. Desde entón, todos os días de acción de grazas pásaos de mal humor e négase a comer pavo.
  • Ross Geller (David Schwimmer): É o irmán maior de Monica. É paleontólogo de profesión. Empezou traballando nun museo pero tivo que deixalo por un ataque de ira. Nas últimas tempadas é profesor nunha universidade. É o máis culto e intelixente, calidade que demostra sempre que pode, aínda que corrixindo a alguén ou achegando coñecementos cando ninguén lle preguntou. Non pode evitar falar como un pedante, polo que ás veces as súas conversas son simplemente aburridas. Divorciouse de Carol, a súa esposa, ó decatarse de que era lesbiana (ela tampouco o sabía, descubriuno máis tarde). Desde entón, dáselle fatal ligar coas mozas (Carol foi a súa primeira noiva). Volveu casar cunha inglesa chamada Emily Waltham pero divorciouse dela por dicir "Tómoche a ti, Rachel" no altar en lugar de "tómoche a ti, Emily". Casou unha terceira vez con Rachel durante unha borracheira en Las Vegas e de novo divorciouse. É doutorado en paleontoloxía, polo que lle gusta que a xente lle chame "doutor". A miúdo comete o erro de crer que todos teñen tanto interese como el sobre os dinosauros.

[editar] Trama

A historia comeza con catro amigos (Chandler, Monica, Phoebe e Joey) conversando nunha cafetería chamada Central Perk. A medida que transcorre o inicio do capítulo piloto aparece o quinto personaxe (Ross) e posteriormente a sexta (Rachel). Este encontro dentro da cafetería marca o comezo dunha comedia baseada na amizade, os triunfos e caídas, o amor, o pasado e o futuro dun grupo de amigos na cidade de Nova York.

Rachel vén de abandonar no altar ao que ía ser o seu esposo e escapou da súa vida de nena rica para entrar nun mundo onde deberá facerse cargo da súa propias necesidades, buscando o apoio da súa única amiga na cidade, Monica. Decide quedar en casa dela e comezar unha vida normal. Ross, que sempre estivera namorado dela atopa unha nova oportunidade tralo seu matrimonio errado cunha lesbiana. O seu intento non é inútil; con todo, entre comezos e rupturas Ross e Rachel terán que esperar dez anos para estar xuntos definitivamente, pasando polas súas vidas dúas rupturas, unha reconciliación, unha voda e unha filla.

A pesar de estar latente durante toda a serie o amor entre Ross e Rachel, este non rouba protagonismo ó verdadeiro sentido desenfreado da serie onde cada un pode presentar un matiz completo de citas, noivados e matrimonios. Outra parella que si logrou concretar dun xeito máis rápido e ordinario a súa relación foron Chandler e Monica quen tras pasar desenganos e amores rotos atoparon que a parella perfecta eran eles mesmos e logo dun tempo escondendo a súa relación, finalmente esta saíu á luz e casaron.

O toque máis puramente humorístico outórganllo Phoebe e Joey quen na serie deixan entrever moitas veces que podería xurdir un romance entre eles, e inclusive hai casos onde Phoebe di que terminarían xuntos. Finalmente isto non sucede, Phoebe termina felizmente casada con Mike e Joey parte rumbo a Hollywood a realizar o seu soño de converterse nunha verdadeira estrela.

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Wikiquote logo
A Galicitas posúe citas sobre:


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -