See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Frente Revolucionario Antifascista y Patriota - Wikipedia

Frente Revolucionario Antifascista y Patriota

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O Frente Revolucionario Antifascista y Patriota (Fronte Revolucionaria Antifascista e Patriota), FRAP, foi unha organización popular e revolucionaria xurdida so o réxime de Franco na España. A primeira reunión de importancia decisiva na creación do FRAP fíxose o 23 de xaneiro de 1971, en París, nun piso particular (propiedade do coñecido dramaturgo norteamericano Arthur Miller, amigo persoal de Julio Álvarez del Vayo, e no que residía circunstancialmente en compaña da súa esposa, Luisa Graa), a maioría dos asistentes eran membros do Partido Comunista de España (marxista-leninista).

Constituíuse o 24 de novembro de 1973, nunha Conferencia Nacional celebrada en París, na que Julio Álvarez del Vayo foi elixido o seu presidente e se ratificaron os seus puntos programáticos:

  • Derrocar a ditadura fascista e expulsar o imperialismo ianqui mediante a loita revolucionaria.
  • Estabelecemento dunha República Popular e Federativa que garantise as liberdades democráticas e os dereitos para as minorías nacionais.
  • Nacionalización dos bens monopolísticos e confiscación dos bens da oligarquía.
  • Profunda reforma agraria sobre a base da confiscación aos terratenentes dos grandes latifundios.
  • Liquidación dos restos do imperialismo español.
  • Fundación dun exército ao servizo do pobo.

Esta declaración foi asinada polas seguintes organizacións políticas:

  • Oposición Sindical Obrera (OSO)
  • Unión Popular del Campo (UPC)
  • Unión Popular de Mujeres (UPM)
  • Federación Universitaria Democrática Española (FUDE)
  • Federación de Estudiantes de Enseñanza Media (FEDEM)
  • Unión Popular de Artistas (UPA)
  • Juventud Comunista de España (marxista-leninista)
  • Unión Socialista española (USE)
  • Fracción marxista -leninista del Movimiento Comunista de España (MCE)
  • Nova Germania (antigo Moviment Democràtic del Poble Valencià)
  • Partido Comunista de España (marxista-leninista), escisión do Partido Comunista de España de Santiago Carrillo.

Oposta a todo tipo de pacto, ata con militares demócratas ou a Igrexa progresista, desde as súas orixes protagonizou múltiplas accións contra a ditadura e denunciou abertamente a política revisionista seguida pola dirección do PCE e Santiago Carrillo ao se apartar, segundo os marxistas leninistas, da teoría marxista, caendo nun reformismo posibilista co obxectivo de chegar a compromisos con sectores da ditadura franquista.

Cara ao ano 1973 o FRAP está en claro ascenso e as súas organizacións van tomando forza en case todos os sectores populares, mesmo en capas medias da sociedade. Funcionan con regularidade organizacións entre o profesorado, a Unión Popular de Profesores Demócratas, e entre os artistas e intelectuais a Unión Popular de Artistas (UPA), cuxa participación nas famosas folgas de actores dos últimos anos do franquismo sería de grande importancia e cuxa publicación "Viento del Pueblo" (realizada clandestinamente en Madrid, a serigrafía e varias cores) é hoxe unha verdadeira xoia para os coleccionistas.

En "Viento del Pueblo" colaborou anonimamente, entre outros, Alfonso Sastre, con algunhas das súas poesías satíricas dedicadas ao príncipe sucesor (Xoán Carlos). Na UPA militaron ou colaboraron, dunha ou doutra forma, Moncho Alpuente, El Cubri, que realizou moitos dos debuxos de "Viento del Pueblo", Juan Margallo, o escultor Ramón Soto, Patxi Andión, o pintor valenciano Castejón; Viriato, pintor popular, a actriz Amparo Muñoz, o grupo teatral "Las madres del cordero", e un longo etcétera.

As análises políticas sobre a crise da ditadura levaron ó FRAP á práctica da loita armada, xa antes da súa contitución formal realizou accións armadas, a primeira o 17 de marzo de 1971 en Valencia; e desembocaron nos atentados contra membros da policía no verán de 1975. A resposta represiva do rexime de Franco provocou a detención de numerosos membros do FRAP, a celebración de dous Consellos de Guerra e, finalmente, os fusilamentos do 27 de setembro (Xosé Humberto Baena Alonso Peter, José Luís Sánchez Bravo e Ramón García Sanz).

O triunfo da operación de "reforma política" e a nova situación levou á súa fin e á súa disolución no ano 1978.

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -