See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Fiestra - Wikipedia

Fiestra

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Fiestra con reixa
Fiestra con reixa

Unha fiestra, tamén chamada xanela ou ventá, é un van ou oco elevado sobre o chan, que se abre nunha pared coa finalidade de proporcionar luz e ventilación á estancia correspondente. Tamén se denomina fiestra ó conxunto de dispositivos que se utilizan para pechar ese van.

O termo fiestra procede do latín fenestra, de onde tamén procede o termo defenestrar (arroxar a alguén por unha fiestra). A verba ventá procede de ventus (vento), facendo referencia á capacidade de ventilación que proporciona.

Índice

[editar] Elementos que a compoñen

Fiestra da Casa Xammar, en Lleida
Fiestra da Casa Xammar, en Lleida

O oco ten verticais que o enmarcan lateralmente, por un capelán de gran altura, alféizar ou verqueaugas que o remata horizontalmente sobre o antepeito, e por un dintel ou por un arco que o pecha pola parte superior. Tanto o dintel (tamén denominado cargadeiro) como, no seu caso, o arco, teñen por misión soportar as cargas que produce a parte de muro ou parede que gravita sobre o oco e transmitilas ás xambas.

O mecanismo de peche componse dun marco ou bastidor suxeito ás caras interiores do oco, ó que, á súa vez, se fixan mediante ferraxes adecuados as follas, xeralmente acristaladas con vidro.

[editar] Funcionalidade

Unha das principais misións que cumple unha fiestra é a de ventilación, permitindo a través dela a comunicación do interior da estancia co exterior. É evidente que, tratándose dun recinto habitable, a exposición ó ambiente externo non pode ser permanente por razóns climatolóxicas, de aí que se precise dispor dun sistema de peche eficaz. Nembargantes, as follas da fiestra que serven de peche non deben impedir outro dos seus aspectos funcionais: a iluminación. Para permitir o paso da luz a través dela, as follas deben ser acristaladas. Malia que antes do século XX existían algunhas desvantaxes, como o excesivo soleamento interior ou a propia iluminación en circunstancias non desexadas e a redución do aillamento térmico, dadas as prestacións do vidro aillante a principios do século XXI, se pode considerar que estes inconvintes xa están resoltos. Para paliar estes inconvintes se utilizaron accesorios como as persianas, as contras e outros similares, que contribúen así mesmo á mellora do aillamento, sen prexuízo de que, ademais, se utilice tamén vidro aillante deseñado especialmente para esta fin.

Por último, outra das funcións que cumpre a fiestra é a de permitir as vistas a través dela. É moi común desexar ver hacia o exterior sen que desde fóra se poida ver o que hai ou sucede dentro; unicamente é posible logralo con vidros altamente reflectantes baixo unhas condicións lumínicas determinadas. Toda vez que estas condicións varían, o efecto producido pode ser inverso ó desexado. Un exemplo son os chamados espellos-espía. Estes espellos actúan reflexando as imaxes na cara do vidro con maior luminosidade. Na cara con menos luminosidade, un espectador pode ver a través do vidro o que sucede ó outro lado. En cambio, ó variar as condicións lumínicas, ambos lados permiten ver o que hai detrás áinda que con certa dificultade, debida á reflexión en ambas caras.

Contribúen tamén á funcionalidade os variados modos en que poden maniobrar as follas dunha fiestra. Baixo este punto de vista, e sen ánimo de efectuar unha relación exhaustiva, se cataloga unha fiestra como:

  • corredeira, cando as súas follas se deslizan con rodamentos sobre guías horizontais;
  • abatible ou batente, cando as follas se apoian nos bordes con bisagras que serven para que o eixo de movemento estea no marco. Poden moverse as follas hacia fóra (apertura exterior), hacia dentro (apertura interior), en ambos sentidos (de vaivén), ou coas bisagras na parte superior e a apertura limitada (proxectante);
  • de guillotina, se o fan sobre guías verticais e a folla sube ou baixa;
  • basculante ou pivotante, cando xiran en torno a un eixo horizontal ou vertical no centro dos marcos;
  • oscilo-batente, cando as súas ferraxes permiten indistintamente o movemento basculante sobre un eixo inferior;
  • oscilo-paralela, cando as súas ferraxes permiten indistintamente o movemento basculante sobre un eixo inferior ou no que a folla principal se desliza como unha folla corredeira;
  • fixa, cando as súas follas non se poden mover.

[editar] Uso na edificación

O emprego das fiestras nos edificios é xeralizado desde sempre, aínda que o seu grao de utilización nun mesmo edificio pode oscilar tanto como entre a nada e a totalidade. Algúns tipos de edificios, por razóns de insonorización (teatros de ópera, salas de concertos...), ou ben de focalización da atención (salas de espectáculos), ou por conseguir interiorizar a actividade que neles se desarrolla (grandes almacéns), non poseen fiestra algunha. Isto é posible, entre outras razóns, polos actuais sistemas de acondicionamento de aire que o tratan térmica e hixienicamente.

Pola contra, en edificios de oficinas, por exemplo, é habitual que toda a súa fachada se convirta nunha pura fiestra mediante a utilización de «muros cortina» ou outros sistemas de acristalamento integral. Para o caso das vivendas, a dotación de fiestras nas pezas habitables é obrigada por disposición legal. Os regulamentos de habitabilidade adoitan impor non só o seu uso, senón tamén as súas dimensións mínimas, esixindo polo común que a súa superficie non sexa inferior a un décimo da da estancia á que prestan servizo.

[editar] Materiais

Tradicionalmente as fiestras eran de madeira debidamente tratada con pinturas ou barnices que melloraban o seu comportamento e durabilidade á intemperie. Posteriormente se utilizou o aceiro, que tamén precisa dun adecuado tratamento para previr a corrosión. Máis recentemente se xeralizou o emprego do aluminio en perfiles de moi variada sección; é un metal máis lixeiro que o ferro e non se oxida ante a acción dos axentes atmosféricos, aínda que ten por inconvinte ser máis caro. Ultimamente se tende ó emprego do PVC (policloruro de vinilo), un plástico controvertido, pois, ás súas magníficas cualidades en canto a durabilidade, resistencia, aillamento ou lixereza, únese a da súa alta capacidade tóxica e contaminante ó degradarse ou queimarse.

[editar] Ornato

As fiestras, presentes case sempre nas fachadas dos edificios, constitúen un dos elementos primordiais da súa composición estética. Aínda tratándose de simples ocos rectangulares desprovistos de calquera aditamento ornamental, a súa repetición harmoniosa e rítmica, nuns casos, ou, pola contra, a súa aleatoria disposición de apariencia desordenada noutros, adoita producir un efecto de apreciable valor artístico. Este mesmo resultado inténtase conseguir en ocasións dotando á propia fiestra de formas chamativas, incluso dun certo barroquismo exento de calquera funcionalidade que non sexa a decorativa. A fachada meridional do Mosteiro do Escorial é un exemplo do primeiro suposto, mentras que o último caso pode ilustrarse coas románicas fiestras aximeizadas, as góticas caladas de primorosa tracería, as conopiais isabelinas, as efectistas fiestras angulares, as barrocas, ou as modernistas.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -