Feta
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Feta (Grego: φέτα, xenero feminino) trátase dun queixo clásico de Grecia fundamentado na callada do queixo que se cura en salmoira. Este tipo de queixo é moi tradicional, remóntase, polo menos, á Antigüidade homérica (Na Rapsodia "I" da Odisea inclúese unha moi completa descrición da preparación da feta). A feta elabórase xeralmente con leite de ovella aínda que pode atopase variedades con leite de cabra e ata de vaca nalgunhas áreas.
Índice |
[editar] Principais características
É un queixo brando, sen "pel" que se expende en porcións rectangulares ou en forma de cuña. A súa consistencia é sólida aínda que flexible posuíndo algunhas gretas e presentando poucos pequenos ocos ou ningún. A súa porcentaxe butiroso (tenor graxo) mínimo é do 43% do peso neto. Ao gusto é delicadamente craso e lixeiramente acedo resultando nun sabor moi grato.
No comercio, a auténtica feta distribúese en caixas de madeira ou, na súa falta, en envasada en lata.
[editar] Emprego
O queixo feta foi cuberto por unha Denominación de orixe como un dos ingredientes da Ensalada grega e das empanadas gregas chamadas spanakotiropites.
A palabra feta tamén significa corte moi delgado de queixo ou fiames. Exemplo unha feta de queixo, unha feta de xamón.
[editar] Véxase tamén
- Gastronomía grega
- Queixo
- Lista de queixos do mundo
[editar] Ligazóns externas
Artigo na Internet sobre o queixo Feta: [1]