Festividades da Pobra do Brollón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As festas e festividades do concello da Pobra do Brollón son:
[editar] Cata do Viño de Vilachá
Celébrase o primeiro domingo de maio nas adegas da parroquia de Vilachá.
[editar] Entroidos da Pobra do Brollón
Celébranse na Pobra do Brollón en inverno, durante varios días.
[editar] Entroidos de Salcedo
Celébranse en Salcedo en inverno, durante máis dunha semana.
[editar] Festas do Carme, na Labrada
Celébranse na Labrada o 15 de xullo, se é domingo, ou o primeiro domingo despois do día 15.
[editar] Festas do Carme, en Óutara
Celébranse en Óutara a principios de agosto.
[editar] Festas do Corpus, en Veiga
As festas da parroquia de Veiga celébranse no mes de xuño na honra o Corpus Christi. A festa non se celebrou durante moitos anos, máis de 50, pero fai poucos anos retomóuse a festa, por decisión dos veciños. Durante os anos que non había festa celebrábase a Santa Lucía de Santalla de Rei, parroquia anexa a de Veiga.
[editar] Festas do Corpus, na Pobra do Brollón
Celébranse na Pobra do Brollón o domingo de Corpus.
[editar] Festas do Ecce Homo, en Ferreiros
Celébranse en Ferreiros o 10 de agosto.
[editar] Festas da Nosa Señora, en Pinel
o 15 de agosto.
[editar] Festas da Nosa Señora, en Piño
o 15 de agosto.
[editar] Festas da Nosa Señora, en Saa
o 15 de agosto.
[editar] Festas dos Remedios, na Ferreirúa
o 8 de setembro.
[editar] Festas do Rosario, en Cereixa
cara ó 5 de outubro.
[editar] Festas do Rosario, en Liñares
a mediados de agosto.
[editar] Festas do San Antón, na Ferreirúa
O sábado seguinte ao Domingo de Resurrección.
[editar] Festas do San Antón, en Fornelas
o primeiro domingo de agosto.
[editar] Festas do San Antón, en Lamaigrexa
Celébranse en Lamaigrexa o domingo da semana seguinte ao Corpus.
[editar] Festas do San Bartolomeu, en Eixón
o primeiro domingo despois do San Bartomeu.
[editar] Festas do San Brais, en Ferreiros
3 de febreiro.
[editar] Festas do San Froilán, en Pacios de Veiga
o primeiro sábado despois do San Froilán.
[editar] Festas do San Isidro Labrador, na Estación
Celébranse na Estación, o 15 de maio.
[editar] Festas do San Miguel, en Canedo
o primeiro domingo despois do San Miguel.
[editar] Festas do San Ramón, en Salcedo
o primeiro domingo despois de San Ramón.
[editar] Festas do San Roque, en Castrosante
cara ó 16 de agosto.
[editar] Festas de San Salvador, en Vilachá
cara o 8 de agosto.
[editar] Festas do San Xurxo, en Eixón
o 23 de abril.
[editar] Festas da Santa Bárbara, en Piño
As festas da Santa Bárbara son ás festas patronais da parroquia de Piño e tamén as máis importantes. Celébrase o primeiro sábado despois da Ascensión, normalmente no mes de maio.
Empezan o venres con festa e verbena. As festas continuan no seu día principal con gaiteiros, misa solemne e procesión, sesión vermú e festa e verbena pola noite. O domingo acaban as festas con gaiteiros, misa solemne e procesión e, as veces, festa pola noite.
[editar] Festas da Santa Einés, en Parada dos Montes
Cara ó 20 de xaneiro.
[editar] Festas da Santa Lucía, en Abrence
o primeiro domingo de setembro.
[editar] Festas da Santa Lucía, en Santalla de Rei
As festas parroquiais de Santalla de Rei celébranse, cunha tradicional romaría, o penúltimo sábado de agosto na honra a Santa Lucía. As festas empezan o vernes pola tarde e rematan o domingo.
A festa celebrábase antigamente o 26 de setembro e seguía o 27. Era costume que veciños doutras aldeas da zona fosen comer ó campo da festa de merenda. Tamén era tradicional unha actuación de titores chamados Os Barrigaverdes. Nos anos 70 cambiouse a agosto porque normalmente chovía e foi cando houbo actuacións de cantantes moi coñecidos como Ana Kiro ou Karina. A festa da Santa Lucía era unha das festas de máis sona de todo o sur lucense.
Actualmente hai, durante a véspera (penúltimo venres de agosto), unha merenda con empanada e queimada seguida dunha festa e verbena ata altas horas da madrugada. A festa continua o sábado con pasarrúas a cargo de gaiteiros da zona e posteriormente a romaría da Santa Lucía con procisión ata o campo da festa e a posterior misa campestre, na que os devotos lle pasan panos á Virxe polos ollos para que lles conserve a vista. Logo hai festa de tarde e noite e verbena. A festa continua o domingo co seu derradeiro día cunha procesión, unha misa solemne e, ás veces, festa de tarde e noite.
Como dato anecdótico, no ano 2007 a festa do sábado pola noite foi amenizada por un grupo de presos da cárcere de Teixeiro, chamada Orquesta Gran Paradela
- LA VOZ DE GALICIA: Unha orquestra de presos actuará nas festas de Santalla de Rei
- Procesión Santa Lucía 2007
- Procesión Santa Lucía 2006
[editar] Festas da Santa María Magdalena, na Veneira de Roques
en xullo.
[editar] Festas de Santiago, en Castroncelos
o 25 de xullo.
[editar] Magosto na Ferreirúa
Celébrase o 1 de novembro.
[editar] Romaría do San Vitoiro
A Romaría do San Vitoiro celébrase o 27 de agosto na capela deste santo, situada na serra da Trapa, na parroquia de Saa, no concello da Pobra do Brollón.
O San Vitoiro é o santo patrón de seis aldeas do concello: Penadexo, Pradelas, O Busto, Covadelas, Teixeira e Lebrón. Conta a lenda que o San Vitoiro apareceu nunha pena e por iso se lle construíu unha pequena capela a mediados do século XIX.