Fernando de Noronha
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Fernando de Noronha é un arquipélago brasileiro formado por 21 illas e sitúado no Océano Atlántico, ao leste do Estado do Río Grande do Norte. A illa principal, chamada Illa de Fernando de Noronha, ten uns 17 km2 e fica a 545 km de Recife e a 360 km de Natal, capital do Río Grande do Norte. Só a illa principal está poboada, e só por uns 2500 habitantes. Gobérnaa un administrador designado pola administración do Estado de Pernambuco, ao que pertence.
O arquipélago sitúase na coordenada 3°54′S - 32°25′W, ou sexa, próximo á liña do Ecuador. Como non ten grandes montañas que sirvan como barreiras ás nubes, cae pouca chuvia e, así, o seu clima é semiárido. O punto máis alto do arquipélago, o Morro do Pico na illa principal, ten unha altura de 321 m.
As illas espertan o interese de ecoturistas e mergulladores, polas súas praias de augas limpas, poboadas por rica fauna mariña (destacando os golfiños e as tartarugas mariñas que poñen os seus ovos na illa). Pero as visitas están controladas polo goberno: cada turista paga un imposto por acceder ao arquipélago, que medra con cada día adicional de visita. Ese imposto destínase a traballos de pescuda e conservación. Vivir na illa só lles está permitido ás persoas que naceron nela, ou que casaron para aló.